Skip to Content

GAÑADORES CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN

XA TEMOS RELATOS GAÑADORES!!!

Non foi nada doado escoller entre os 27 relatos de Samaín que se presentaron a concurso e que, de xeito tan divertido, contou o noso alumnado de 1º e 2º de ESO  durante os recreos destas dúas semanas. Así que os premios foron dados por votación popular.

Participaron un total de 47 rapaces e rapazas e outros tantos como o mellor e máis entregado público que calquera Biblioteca poida ter.

Un luxo ver como a rapazada se interesa por participar e por compartir eses momentos de lecer na nosa biblio.

Grazas a todos e a todas: participantes, público, equipo de biblioteca, dirección, ANPA e profes que colaboraron para que todo fora un éxito.

Non esquezades premer nos PREMIOS para coñecer aos gañadores e gañadoras ;)

 



page | by Dr. Radut