Skip to Content

Febreiro 2018

Marzo 18

HUELGA

Quiero una huelga donde vayamos todos.
Una huelga de brazos, piernas, de cabellos,
una huelga naciendo en cada cuerpo.

Quiero una huelga
de obreros de palomasg. belli
de chóferes de flores
de técnicos de niños
de médicos de mujeres.


Quiero una huelga grande,
que hasta el amor alcance.
Una huelga donde todo se detenga,
el reloj las fábricas
el plantel los colegios
el bus los hospitales
la carretera los puertos.


Una huelga de ojos, de manos y de besos.
Una huelga donde respirar no sea permitido,
una huelga donde nazca el silencio
para oír los pasos del tirano que se marcha.

Gioconda Belli (1948)

Marzo 18

m reimóndezA dúbida
de
María Reimóndez

    Novela que dun xeito áxil trata temas de actualidade como a prostitución e o abuso de menores, a corrupción política ou certa controvertida aplicación da xustiza. Deli descobre, coa chegada repentina da policía á súa casa, que o seu home Vicente está acusado da violación dunha menor. Resulta que a rapaza violada é filla dos seus mellores amigos. Deli, por ser muller e miúda, é menosprezada; en realidade non coñece ao seu cónxuxe; ao descubrir toda a verdade, quere que o seu marido pague polo que fixo. Deli perde ao esposo, perde a amizade dos pais da nena violada, perde o traballo, perde a casa... mais é feliz, a súa conciencia está tranquila e ten unha nova amizade: a de Couto, un viúvo inspector de policía que a axudou a destapar a trama delituosa...

    (...) Deli mira pola fiestra. Non ten emprego. Non ten casa. Non ten amizades coas que saír a tomar os viños. Mais está convencida de que volveu á vida. Cando a xuíza lera o veredicto, cando Vicente fora condenado a prisión e se abriran as causas contra Rafael, algo nela colleu o seu sitio. Non de todo, mais polo menos en certa medida.
    A xente interesáballe o escándalo. Os medios andaran detrás dela desde o momento en que transcendera que fora a responsable de entregar as probas claves ao fiscal... o dano feito superaba a reparación e que ela ficaría asociada no seu universo a unha persoa noxenta e sen escrúpulos. Tampouco podía deixar de pensar no dano xa irreparable e sobre todo na multitude de casos nos que nunca se chegaba a facer xustiza. Iso seguíalle quitando o sono.a dúbida
    Vicente tentara falar con ela. Ata lle mandara unha carta que botou ao lixo sen abrir.  En calquera caso, tanto lle tiña xa porque estaba para vender o piso e axiña non tería onde escribirlle. A menos que a súa mai lle dese o enderezo, cousa altamente probable porque para a súa mai todo aquilo seguía sen estar claro. A negación era unha maneira de enfrontarse ao terrible, para quen podía gozar de tal luxo.
    -Mais, ti non miraches para outro lado -dixéralle Couto.
    -Ti o que pasa é que me viches pequena e pensaches que era parva -Deli dálle un grolo ao viño. Couto ten un riso cantareiro.
    -Pode ser.
    -Non é de estrañar. Ata eu pensaba que era parva.
    Couto deixáraa ficar no piso que tiña preto da praia e víanse cada vez con máis frecuencia. Ela metérase con el.
    -Que son agora? Testemuña protexida particular túa? -mais non puidera negarse. Non tiña onde ir. Couto aseguráralle mil veces que non era molestia, que estaba tentando vender o piso, traíalle demasiados recordos, e que por favor non o interpretase de ningunha outra maneira. Deli accedeu porque a pesar do agradable da compaña de Couto ela...

Os nosos rapsodos rosalianos

1a

Dous días despois no 181 aniversario do nacemento de2a Rosalía, ao mediodía, dous pequenos pero animosos grupos dos nosos rapsodos máis novos prestaron as súas voces para que os versos da poeta de Padrón irrompesen nas aulas e interrompesen os temarios de inglés, matemáticas, ciencias sociais, física, literatura... toda unha licenza poética que se nos permitiu para festexar á sempre inesquecíbel Rosalía. 

2b

 1b

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Moitas grazas a tod@s: rapsodos e ouvintes por facer viable esta nova celebración lectora.

 

Día da Lingua Materna

 Mensaxe de Directora Xeral da UNESCO, Audrey Azoulay,


con motivo do Día Internacional da Lingua Materna,

(21 de febreiro de 2018)
 cartel

      A UNESCO celebra hoxe a 19ª edición do Día Internacional de a Lingua Materna. Esta xornada é unha ocasión para lembrar os compromisos da nosa Organización en canto á defensa e a promoción das linguas.

    Unha lingua é moito máis que un medio de comunicación: é a condición mesma da nosa humanidade. Nela sediméntanse os nosos valores, as nosas crenzas, a nosa identidade. Grazas a ela transmítense as nosas experiencias, as nosas tradicións e os nosos saberes. A diversidade de linguas reflicte a riqueza irredutible dos nosos imaxinarios e dos nosos modos de vida.

    A fin de preservar e vitalizar este compoñente esencial do patrimonio inmaterial da humanidade, a UNESCO traballa activamente, desde hai moitos anos, para defender a diversidade lingüística e promover a educación multilingüe.

    Este compromiso refírese en particular ás linguas maternas, que incumben a millóns de novas mentes en formación e son un vector indispensable para a inclusión na comunidade humana, primeiro a escala local e máis tarde a escala mundial.

    Así, a UNESCO apoia as políticas lingüísticas que poñen de relevo as linguas maternas e autóctonas, especialmente nos países plurilingües. A Organización recomenda o uso destas linguas desde os primeiros anos de escolarización, xa que como mellor aprende un neno é na súa lingua materna. Así mesmo, a UNESCO alenta o seu uso nos espazos públicos e especialmente na internet, onde o multilingüismo debe converterse na norma. Toda persoa, independentemente de cal sexa a súa primeira lingua, debe poder acceder aos recursos do ciberespazo e constituír nel comunidades de intercambio e de diálogo. Este é un dos maiores retos actuais para o desenvolvemento sustentable, no marco da Axenda 2030 das Nacións Unidas.
   
    Cada dúas semanas desaparece unha lingua no mundo e, con ela, un pedazo da historia humana e do noso patrimonio cultural. Favorecer o multilingüismo supón tamén contribuír a frear esa desaparición anunciada.

    Nelson Mandela dixo esta fermosa frase: “Se falas a alguén nun idioma que entende, fálaslle á súa cabeza; se lle falas no seu propio idioma, fálaslle ao seu corazón”. Con motivo deste Día Internacional da Lingua Materna, a UNESCO convida aos seus Estados Membros a celebrar con toda clase de iniciativas, educativas e culturais, a diversidade lingüística e o multilingüismo, que constitúen a riqueza viva do noso mundo.

 

Manifesto Día de Rosalía 2018

rosalíaNun mundo de fiestras pechadas, buscamos o refacho de vento que as abra de vez. Nun mundo que busca facer as comunidades e as persoas máis pequenas, os cartos e a cobiza máis grandes, precisamos forza e profundidade, emoción e pensamento. Ante as fiestras pechadas contra a vida, contra as voces das mulleres, das desprazadas e das nosas outras cómprenos unha palabra firme e abranguente que nos guíe. No bater das fiestras que cheiran a couza do pasado, a mentiras que repetidas mil veces queren chegar a ser verdades, a fala que se nos rouba e aire que nos falta precisamos a bravura das mareas e o salvaxe das montañas. Precisamos todo do que falou e todo o que foi Rosalía de Castro.
Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos como literatas. Un refacho que trae a voz de todas as meniñas gaiteiras que están por chegar. Un refacho que canta a vida e transforma todo dende as raíces.

Mais para que o refacho entre, precisa da nosa vontade. Pídenos, imperiosa: Abride a fiestra!reimóndez

E na nosa man está abrir a fiestra. Abrila para vermos a muller, a escritora, a irredutible. A voz que nos une ás rebeldes do mundo, que fascina coa súa luz por onde pasa, que nos ofrece a súa clarividencia para tecermos novas alianzas, a que sempre está do lado da xustiza, do noso lado, a que sempre está aínda por descubrir. Porque en todos os recunchos do mundo, mais sobre todo aquí, en Galicia, hai rosalías que cantan e que falan, alancando con brillantes e destemidas botas azuis entre a lama.
Rosalías que abrimos a fiestra saíndo á rúa contra o espolio da terra que ela cantou, ecolóxica antes de que existise nin o termo. Cada vez que nos negamos a seguir converténdonos en plantación de eucaliptos, minas, xeriátrico e mercadoría, reivindicando a paisaxe que ela utilizou politicamente coma ninguén. Cada vez que pulamos polo público, a sanidade, o transporte, as axudas a quen está na marxe e ela puxo sempre, dende o afecto e a transgresión, no centro. Cada vez que desfacemos o discurso que sustenta a violencia de tantos Pedros mediante a escrita e a acción feminista, contra todos eses que seguen ladrando mentres nosoutras camiñamos.
Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.
Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á redefinición do que a historia dos homes fixo de mulleres irreverentes coma ela.
Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por facer. Un mundo que se abre se o abrimos.

María Reimóndez
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
#AbrideAFiestra

 

Verso a verso con Rosalía

25 citas (literarias) de AMOR

Poesía para namorar

A poesía tamén é amor.

 

 


by Dr. Radut