Skip to Content

Xaneiro 2015

Biblioxornal 38

 

Melodías de Paz

Xaneiro 2015

O Hobbit
de
 J. R. R. Tolkien
    Narración das vicisitudes dun pobo apacible e sensato que vive na Terra Media, xunto con elfos, magos e outros seres fantásticos. Inicio  dun ambicioso ciclo épico que se concretou na triloxía O señor dos aneis e O Silmarillion.
    A Bilbo Bulseiro gústalle a vida cómoda e tranquila do seu burato–hobbit, onde almorza, merenda e cea varias veces ao día. Pero a inesperada visita do mago Gandalf fai espertar no seu interior o espírito aventureiro dos seus devanceiros. Deste xeito ve trastocada a súa vida cotiá e, sen saber moi ben como, emprende unha longa viaxe con trece ananos barbudos cara á Montaña Solitaria para recuperar un tesouro roubado polo dragón Smaug, esquecido hai moito tempo.
Tolkien Hobbit
-¿Estamos todos aquí? -dixo, devolvéndolle a espada a Thorin cunha reverencia-. Déixame ver: un (era Thorin), dous, tres, catro,cinco, seis, sete, oito, nove, dez, once; ¿onde están Fili e Kili? ¡Aquí os están!, doce, trece, e aquí está o señor Bulseiro, ¡catorce!¡Ben, ben!, podía ser peor, e tamén podía ser bastante mellor. ¡Sen ponis, nin comida, e sen saber ben ónde estamos, e con hordas de trasnos furiosos aí detrás! ¡Sigamos!
   Seguiron. Gandalf acertara: comezaron a oír ruído de trasnos e horribles ouveos ó lonxe, nos pasadizos polos que viñeran. Iso fíxoos avanzar máis axiña que antes, e como o pobre Bilbo non podía ir nin a metade de rápido (pois os ananos poden apurar moitísimo -asegúrovolo- cando teñen que facelo) alternáronse para levalo ó lombo.
   Os trasnos aínda apuran máis cós ananos, e estes trasnos coñecían o camiño mellor (eles mesmos fixeran os pasadizos) e adoecían coa carraxe; así que fixesen o que fixesen, os ananos oían os berros  e ouveos acercándose cada vez máis e máis. Pronto puideron oír mesmo as pisadas dos trasnos; moitos, moitos pés que parecían estar xusto detrás da última reviravolta. O lampexo dos fachos vermellos podíase ver detrás deles no túnel polo que ían; e empezaban a sentirse mortalmente cansos.
   -¿Por que, pero por que deixaría eu o meu buratohobbit? -dixo o pobre  señor Bulseiro bambeando arriba e abaixo no lombo de Bombur.
 -¿Por que, pero por que traería eu a este coitadiño hobbit a buscar un tesouro? -dixo o pobre Bombur, que era gordo, e abaneaba para os lados coa suor pingándolle polo nariz abaixo da calor e do pánico.
   Nese punto, Gandalf quedou atrás, e Thorin...

Podes ler máis aquí

 

A adaptación cinematográfica desta novela comprende tres películas:

  •  El hobbit: un viaje inesperado (2012)

http://youtu.be/sI8OQRXhcZE

  •   El hobbit: la desolación de Smaug (2013)

http://youtu.be/NSwRIEofsaE?list=PLJylJdKDKqqxs_sowznBulbmoRm919gmD

  •  e a última.- El hobbit: la batalla de los cinco ejercitos (decembro de 2014)

 

Xaneiro 2015

Angeles Mora A DESTIEMPO
 
Nací una noche vieja
del frío de diciembre.
Nervios, carreras en la casa,
vapor de agua caliente,
prisas, lágrimas, gritos,
susurros y pañales.
Las luces de aquel cuarto
se fueron apagando con mi llanto
mientras crecía
el bullir de la gente por las calles.
Calma adentro y afuera algarabía,
recordaba mi madre como un sueño.
 
En aquel desajuste
–todo un presagio-
he vivido por siempre.
Fuera del mundo yo,
aquella habitación, aquellos brazos,
aquella cuna.
 
Llegué muy tarde al año que se iba
y el que llegaba me encontró dormida.
                              Ángeles Mora (Córdoba, 1952)


by Dr. Radut