Skip to Content

A Illa das Esculturas en bicicleta

O pasado xoves, 28 de setembro, o alumnado de 4º ESO realizou unha saída en bicicleta ata a Illa das Esculturas onde practicaron un xogo de orientación axudados por profesorado de Educación Física e alumnado de 2º TSEAS, Técnico Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva (ciclo formativo co que contamos no IES Sánchez Cantón), dentro da materia de Dinamización Grupal que deben cursar este ano. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> A illa das Esculturas en bicicleta

Piragüismo

Listaxe probas extraordinarias Piragüismo

 

Pica na  ligazón

 

 

Aprendendo rugby

O pasado martes 12 de setembro, o alumnado de 2º ESO comezou o curso de xeito activo, con enerxía e alegría, recibindo un obradoiro de rugby impartido polo Club "Mareantes" de Pontevedra e organizado pola profesora de Educación Física, Marta Mera Carrión. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Aprendendo rugby

Presentacións de ESO e Bacharelato no CGTD

As presentacións do alumnado de ESO e Bacharelato do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) realizaranse nas aulas do edificio ubicado na rúa Padre Fernando Olmedo, nº1, o vindeiro luns 11 de setembro ás 12:40 h. 

Curso 2023/2024

O alumnado permanecerá no centro despois das presentacións realizando o horario habitual do curso: ás clases rematarán ás 14:30 h. pola mañán. Pola tarde, o horario dos luns abrangue dende as 16:35 h. ata ás 18:15 h.

Curso 23/24

PROBAS DE ACREDITACIÓN MATERIAS PROGRESIVAS (CURSO 23/24)

As probas de acreditación dos coñecementos necesarios para matricularse en 2º Bacharelato de materias progresivas sen ter cursado a correspondente materia de 1º Bach., desenvolveránse os días 4 e 5 de setembro de 2023 no seguinte horario.

 

LUNS, 4 DE SETEMBRO

10:00 HORAS

Tecnoloxía e Enxeñería I

TIC I

Análise Musical I

 

 

MARTES, 5 DE SETEMBRO

10:00 HORAS

Debuxo Artístico I

Debuxo Técnico I

Grego I

 

Pódense consultar modelos destas probas nos espazos correspondentes aos departamentos didácticos.

 

 

 

Libros de Texto 2023/24

 Actualizado o 07/07/23

Descargar listaxe de libros

Memoria de observa_acción

Este vídeo mostra a memoria do Programa de Formación do Profesorado Observa_acción desenvolto no instituto durante este curso 2022-2023.

Memoria gráfica do club de Lectura "Nube de palabras"

O curso 2022-2023, deixou na memoria todas estas actividades desenvoltas polo Club de Lectura "Nube de palabras", o cal agrupa a 17 clubs de lectura de niveis e temáticas diferentes.

Traballo excelente coordinado pola profesora Anxos Rial e posto en práctica por todo o profesorado que colabora con ela nesta ilusionante viaxe polo mundo dos libros. 

Ligazón ao vídeo

 
 

Mellores expedientes de Galicia 2022-2023

Este xoves 22 de xuño, no Pavillón Multiusos de Fontes do Sar, en Santiago de Compostela, celebrouse o acto de recoñecemento aos mellores expedientes de Galicia.

Este acto é un recoñecemento da USC ao estudantado de Bacharelato que se presenta as ABAU e ten unha nota superior a un 9. 

Foron 17 os alumnos e alumnas deste centro que recibiron esta mención na edición do curso 2022-2023, que así viron xustamente premiado o difícil curso pasado. Estamos convencidos de que lles agarda un futuro brillante, no que toda a sociedade recibirá o éxito das súas iniciativas.

Noraboa!

https://www.usc.gal/es/perfis/futuros/aponte/mellores-expedientes.html

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Mellores expedientes de Galicia
Distribuir contido


by Dr. Radut