Skip to Content

ACTIVIDADES DO CLUBE DE CIENCIAS

Verónica Paz Vidal, Xefa do Departamento de Física e Química organizou neste curso un Clube de Ciencias con alumnado de 4º da ESO e profesorado convidado. En horario estraescolar, os martes de 14:20 a 16:20, desenvólvense no láboratorio e na aula de informática, interesantes actividades que relaconan os conceptos ciencíficos con aplicacións prácticas: experimentos de presión dos gases, programación con placas de Arduino, detectores de movemento ou luz, así como detectores de metais, etc...

O alumnado aprende a soldar con estaño, así como comproba e recoñece cada un dos compoñentes e tipos que poden compoñer un circuito eleéctrico. Todo isto no 1º trimestre. Que nos deparará o resto do curso?

Un clube onde o alumnado se motiva, traballa grupalmente, aporta ideas, descubren e confraternizan. Unha auténtica maravilla.

 

 



page | by Dr. Radut