Invitación ás Familias para as XORNADAS de formación no CEIP de Fontes-Bahiña

Para as familias interesadas

Dende o CEIP de Fontes-Bahiña organizan unhas Xornadas de Formación para Familias no marco do proxecto "A igualdade: un mar de oportunidades". Os temas  e datas son:

1. Uso seguro e responsable das novas tecnoloxías

   Venres 12 de novembro, ás 16.00 h

   Charla impartida por persoas expertas das forzas e corpos de seguridade do Estado dirixida  ás familias e centrada nunha dos eixes do proxecto: a promoción do uso seguro e responsable das redes sociais e de Internet.

 2. As novas masculinidades

   Luns 15 de novembro, ás 16.00 h

   Dinamo Xestión organiza unha proposta formativa en novas masculinidades para sensibilizar e romper cos micromachismos e previr a violencia de xénero.

  Todo isto dende unha metodoloxía lúdica, dinámica e participativa que conformará unha actividade interesante e atractiva para todos os membros da familia.

 Lembrar ás familias do noso centro que nos atopamos en período de renovación do Consello Escolar e para aquelas que desexen formar parte do mesmo o prazo de Presentación de Candidaturas remata o 16 deste mes.