Skip to Content

VII CONCURSO XUVENIL DE MICRORRELATOS E HAIKUS

A Rede de Escolas de Amnistía Internacional Vigo convoca a edición 2020-21 do Concurso Xuvenil de Microrrelatos e Haikus sobre a importancia e a realidade dos coidados. Poderán participar todas as persoas de entre 12 e 21 anos matriculadas nun centro de Educación Secundaria da zona Sur da provincia de Pontevedra.

Neste último ano vemos máis clara que nunca a importancia dos coidados: a atención sanitaria, a protección das persoas maiores, os protocolos nos centros de ensino… Pero moitas veces estes labores bótanse enriba das mulleres maiores como aínda unha lousa máis, encárganse a migrantes sen dereitos, non se recoñece a dignidade de quen os desempeña e precarízanse os seus contratos. O lema do concurso suxire o tema: Como contarías a súa historia, que lles dirías, como tratarías con cariño, ás persoas que nos coidan?

Os textos teñen que ser inéditos e poden escribirse en galego ou castelán. A extensión máxima dos microrrelatos é de 250 palabras e os haikus deberán respectar as normas de métrica e estilo. Haberá tres categorías:

  • Autoras ou autores entre 12 e 13 anos (Haiku).
  • Autoras ou autores entre 14 e 16 anos (Microrrelato).
  • Autoras ou autores entre 17 e 21 anos (Microrrelato).
Anímate a participar. O prazo remata o 22 de marzo.

Os textos deben remitirse ao grupo de Amnistía Internacional de Vigo a través deste formulario. Nestas ligazóns podes consultar as bases e os detalles da convocatoria en Facebook e Instagram.



page | by Dr. Radut