Os departamentos de Linguas Clásicas e Xeografía e Historia organizaron, co alumnado de 1º ESO e latín de 4º ESO e 1º e 2º BAC, unha saída a Cambre para visitar a vilae romana e a igrexa románica de Sta. María, así mesmo visitamos o castelo de San Antón na cidade de A Coruña.

 

PREME NA IMAXE

Xa está convocado o III Certame Fotográfico do IES Pedregal de Irimia. Neste ano do cuadraxésimo aniversario do centro, esperamos máis participación ca nunca. Aquí quedan as bases. 

 

Club de Lectura de adultos (profesorado, pais, nais e persoal non docente) deste segundo trimestre.

Seguindo coa comenmoración do 8M, a aula de 1º ESO a partir de hoxe, está dedicada Ás Mulleres da nosa Comunidade Educativa. Nais, avoas, tías, profesoras, persoal non docente feminino...que traballaron e traballan sen descanso para que o alumnado do IES Pedregal de Irimia se formara e se siga formando como persoas de ben.

Mención especial merece Mercedes García López, Merche, nai de Zoe e Gael e membro do Consello Escolar, pola súa implicación na vida educativa do centro ata o seu prematuro falecemento. 

PREME NA IMAXE

 

O IES Pedregal de Irimia en colaboración coa empresa de reciclaxe Arioil puxemos en marcha unha iniciativa de reciclaxe de aceite usado de cociña chamada BIOESCOLAS.

O funcionamento é o seguinte:

• O alumnado poderá traer o aceite usado de cociña das súas casas nunha botella de plástico pechada e depositalo no contedor específico situado no aparcadoiro do instituto.

• Este aceite recollido terá un retorno económico para as actividades, material,… d@s vos@s fill@s.

• A maiores, nos meses de marzo e abril, participaremos nun concurso con outros centros onde o premio será de 500€ para o colexio/instituto que máis aceite recolla en proporción ao seu alumnado.

Animádevos a participar nesta iniciativa de reciclaxe e enviade o aceite de cociña usado que teñades nos vosos fogares.

Axudemos a educar medioambientalmente aos nos@s moz@s creando hábitos de reciclaxe, baixo a máxima de que todos os residuos son materias primas e teñen valor.

Moitas grazas de antemán.

Distribuir contido