Seguindo co obxectivo de avanzar na transparencia e avaliación interna do centro, este curso realizamos a avaliación do traballo feito polo equipo directivo así como o funcionamento dalgún servizo máis ofrecido polo centro (Biblioteca, TIC e Dinamización lingüística). Foron tres as enquisas realizadas e adaptadas aos seguintes sectores da comunidade educativa ás que se pode acceder premendo nas seguintes ligazóns:

-    Profesorado.

-    Alumnado.

-    Persoal de Administración e Servizos (PAS).

 

Moitas grazas a todos/as pola vosa participación.

 Celebrando a diversidade

O crecente aumento de alumnado estranxeiro no centro invita a enriquecernos das diferentes culturas e achegarnos á diversidade desenvolvendo actitudes de respeto e tolerancia polas diferenzas. A través das titorías da ESO impúlsase un proxecto intercultural que representa a alumnos e alumnas do noso centro. Cada curso da ESO de primeiro a cuarto, divídese nos seguintes grupos de traballo: monumentos mais emblemáticos, gastronomía, curiosidades, festas e tradicións sobre diferentes países: China, Brasil, Italia, Senegal e Marrocos. Distintos departamentos implicáronse no proxecto traballando todas as competencias e seguindo o modelo DUA.

 

 

 

 

Distribuir contido