Tecnoloxía

No curso 2020-2021 o departamento de tecnoloxía está formado por, Elia Gallego Seoane, que fai as funcións de xefa de departamento  e José Luís Rodríguez Gesto, o reparto das materias queda da seguinte forma:

  • 2º da ESO A e B: Tecnoloxía, José Luis Rodríguez Gesto. Materia obrigatoria de 3 h semanais.
  • 3º da ESO: Tecnoloxía, José Luis Rodríguez Gesto. Materia obrigatoria de 2 h semanais.
  • 4º da ESO: TIC, Elia Gallego Seoane. Materia optativa de 3 h semanais.
  • 1º de BAC: Tecnoloxía Industrial, Elia Gallego Seoane
  • 1º de BAC: TIC I Elia Gallego Seoane. Materia optativa de 2 h semanais.
  • 2º de BAC: TIC II Elia Gallego Seoane. Materia optativa de 3 h semanais.

Tres técnicos do Parque Eólico Experimental de Sotavento achegáronse o venres, día 9 de abril, para realizar un obradoiro de enerxías renovábeis co alumnado de 3º da ESO (e 2 de Física de 2º de Bacharelato). As actividades, realizadas no interior e no exterior do IES Pedregal de Irimia, constaron dunha parte teórica e dunha práctica na que os/as rapaces/zas puideron observar o funcionamento dunha cociña solar, dunha placa solar térmica e de moitas maquetas relacionadas co mundo das enerxías renovábeis. A actividade, organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química, rematou cun xogo de "Pasapalabra" e cun chocolate "solar" para todos os/as participantes.

Modificacións da Programación Didáctica con motivo da suspensiónda actividade educativa presencial.

2º ESO
3º ESO
4º ESO TIC
1º BAC TIC I
2º BAC TIC II 
Distribuir contido