O martes, día 8, e o mércores, día 9, de novembro permanecerá aberta a V Exposición micolóxica do IES Pedregal de Irimia. A exposición realizada na biblioteca do centro contou este ano con máis de 200 exemplares de 55 especies distintas de cogomelos recollidos na contorna e perfectamente identificados con cadansúa ficha.

De novo a exposición foi froito da colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus e as achegas de cogomelos de profesorado e alumnado (23) do centro.

A exposición contou como información complementaria con:

  • Unha colección de utensilios básicos dun/ha micólogo/a.
  • Libros, revistas e lexislación micolóxica.
  • Presentación cos conceptos básicos de micoloxía e as fichas ilustradas dos cogomelos máis comúns da contorna.
  • Paneis informativos dos hábitats dos cogomelos (cedidos temporalmente pola S.M. Lucus)

Como novidade, este ano a exposición abriuse ao público durante a mañá do martes, día 8, asistindo numerosas familias así como os residentes do Centro de Atención de Maiores de Meira.

Preme na foto para ampliar

Tags:

A ANPA do IES Pedregal de Irimia, xunto coa ANPA do C.E.I.P Plurilingüe Poeta Avelino Díaz, estamos organizando unha gala benéfica co obxectivo de recaudar fondos para colaborar coa asociación CTNNB1, que axuda a familias afectadas por dito síndrome e promove a investigación desta afectación (no cole de Meira hai un caso). Dita gala consistirá basicamente nun festival de música en playback e pode anotarse quen queira.

Para máis información preme aquí

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR: CONVOCATORIAS E CANDIDATURAS

A Xunta electoral do centro aprobou na sesión celebrada o xoves, día 3 de novembro de 2022, o calendario electoral que podes descargar no seguinte enlace:

Calendario electoral.

Na mesma sesión aprobouse a convocatoria do proceso electoral para todos os sectores afectados. Nos seguintes enlaces podes consultar as convocatorias e descargar o modelo de candidatura (tamén a podedes pedir na secretaría do centro) se estás interesado/a en participar no proceso. O prazo para entregar as candidaturas (na secretaría do instituto) remata o venres, día 11 de novembro, ás 14:00 h.

FAMILIAS
Convocatoria.
Modelo de candidatura.

ALUMNADO

Convocatoria.
Modelo de candidatura.

PROFESORADO
Convocatoria.
Modelo de candidatura.

Os censos electorais dos distintos sectores están expostos no corcho que hai na entrada do instituto.

 

Sexta e última mobilidade do Proxecto U.M.B.R.E.L.L.A. a Koprivnica, Croacia, do alumnado e profesoras do IES Pedregal de Irimia, xunto cos alumnos, alumnas e profesorado de Gran Canaria, Portugal, Rumanía, Lituania e os anfitrións de Croacia.

O noso alumnado fixo dúas presentacións. Unha na que presentaron os resultados da medición, evada a cabo durante varios días, da temperatura, humidade presión atmosférica etc en tres puntos diferentes de Meira: unha zona con vexetación, outra só de asfalto e outra con asfalto e árbores para ver como infllúe a vexetación para baixar á temperatura dentro das cidades, e polo contrario como as zonas de asfalto se converten en auténticas illas de calor urbanas (Urban Heat Islands).

Noutra presentación fixeron un estudo comparativo das temperaturas máximas, mínimas e medias, e das precipitacións durante o último ano en Meira e arredores, cotexándoas coas de hai 20 anos, para observar como nos afecta o cambio climático e o quecemento global.

O mércores, día 26 de outubro de 2022, ás 12:15 h, procederase a realizar o sorteo público dos compoñentes da Xunta Electoral para a renovación do Consello Escolar do Centro. Esta Xunta estará formada por:
•    Director do Centro.
•    Un profesor ou profesora.
•    Un pai, nai ou titor/a legal.
•    Un alumno ou alumna.
A Xunta Electoral, unha vez constituída, poñerá a disposición das persoas que desexen presentar a súa candidatura un impreso para formalizala.


Preme AQUÍ para ter máis información.

Distribuir contido