Taboleiro de novas

Horario para presentación do alumnado 2020-21

Pode consultar o horario da presentación de alumnado no documento que achegamos.

Listaxe de transporte escolar 2020-21

Dadas as circunstancias, publicamos excepcionalemente a listaxe de alumnado do centro usuario de transporte escolar.

Lembramos que cada usuario ten asignado un nº de asiento fixo para todo o curso e que será lle será indicado polo conductor.

Calquera incidencia ao respecto será comunicada á dirección do centro.

Pode consultar a listaxe aquí

Recollida do vale para a adquisición de material escolar 2020-21

Este aviso foi enviado por abalar o 17-9-20. Dadas as dificultades momentáneas para o acceso aos avisos, trasladamos o seu contido:

Co fin de evitar aglomeracións de persoas nas oficinas do centro, establecemos as seguintes datas para recoller o vale de material escolar:
  Venres 18 - 1ºESO,   Luns 21- 2ºESO  e  Martes 22 - 3º e 4º ESO.
Os vales non recollidos nestas datas poderán recollelos a partir do 21 e ata o 30 de setembro.
Só pode recoller o vale a persoa solicitante ou que estea autorizada formalmente (por escrito e achegando copias dos DNI de solicitante e autorizado).

A direccion

Listaxe sección bilingüe 2020-21

Sección bilingüe de 1ºESO nas materias de EPVA e EF.

Dadas as circunstancias excepcionais para este curso 2020-21, configuramos 3 grupos bilingües.

Pode consultar a listaxe aquí

Inicio do curso 2020-21

INCORPORACIÓN GRADUAL DO ALUMNADO

A Consellería de Educación estableceu para este curso, mediante a Resolución do 1 de setembro de 2020, a incorporación gradual do alumnado e fixou as seguintes datas:

  1º ESO - 16 de setembro

  2º ESO - 16 de setembro

  3º ESO - 17 de setembro

  4º ESO - 18 de setembro

Uns días antes das presentacións, publicaremos os horarios de recepción e demais información relativa ao protocolo de acollida e uso de transporte.

A dirección

4 de setembro de 2020

Reapertura do centro para os trámites administrativos

Infórmase que, a partir do 11 de maio, o centro estará aberto de 10.00 a 13.00 h cos servizos de conserxería e secretaría para atender os procedementos administrativos habituais.

Pregamos manter as recomendacións de distancia de seguridade e traer as solicitudes cubertas ou preferiblemente usar a tramitación online.

Solicitudes online

Comunicado

Polas limitacións de persoal derivadas da situación actual, comunicamos:

- A atención teléfónica queda reducida ao horario de 10.00 a 13.00 horas ao número 881 960 960.

- Recomendamos priorizar os contactos ao través do correo electrónico do centro  ies.otero.pedrayo.coruna@edu.xunta.es

- O profesorado atenderá preferentemente por medio da plataforma abalar, como viña sendo habitual.

17 de marzo de 2020

A dirección

Instrucións para o período de suspensión de actividades

Conforme as novas instrucións para os centros educativos publicadas pola Consellería, informamos que:

  • Queda suspendida a actividade lectiva a partires do luns 16 de marzo.
  • A atención ao alumnado por parte do profesorado farase a través de diversas ferramentas telemáticas: aula virtual, páxina web do Instituto, espazo abalar...
  • Esta páxina web é a instancia prioritaria de contacto cos departamentos didácticos, a través do bloque Departamentos (marxe dereita), no menú Actividades, onde se irán incorporarando as actividades e tarefas a realizar polo alumnado, ou os enlaces a outros soportes ou plataformas, se é o caso.
  • O centro disporá de persoal de dirección e administración no horario que se determinará para asegurar a atención telefónica e telemática de posibles trámites ou consultas.
  • Estas disposicións poden ir variando conforme ás circunstancias sanitarias e conforme ás instrucións da Consellería de Educación.

13 de marzo de 2020

A Dirección

Ampliación do período de admisión

Segundo ás Instrucións da Consellería do 13 de marzo de 2020, en relación coa covid-19, amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

Suspensión das actividades lectivas e extraescolares

Comunicamos a suspensión das actividades lectivas (clases, exames…) e extraescolares a partir do luns 16 de marzo, e durante 14 días.

Mañá, 13 de marzo, o centro permanecerá aberto, pero recoméndase que o alumnado non asista.

Para maior información, remitímonos á páxina web oficial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

http://www.edu.xunta.gal/portal/

http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/informacion-coronavirus

A Coruña, 12 de marzo de 2020

A dirección

Distribuir contido