IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
TaboleiroConvocatoria Bolsas Comedor Municipais, curso 2024/2025O 16 de abril de 2024, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2024-2025, para o alumnado empadroado no termo municipal de A Coruña, e que vaian cursar 2º ciclo de educación infantil, primaria, ensinanza secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional nun centro de ensino con comedor autorizado do mesmo termo municipal. A asistencia ao comedor será obrigatoria durante todo o período lectivo (de setembro a xuño). Prazo de presentación: do 17 de abril ao 8 de maio, ambos incluídos. Toda a información da convocatoria pódese consultar: -na web municipal de servizos sociais (enlace). -na sede electrónica municipal (enlace). -no teléfono 010 de información cidadán. NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido. Atentamente, Bolsa comedor AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO para alumnado 2º DE ESOEn cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril. Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias: (enlace) BOLSAS e AXUDAS Ministerio de Educación e Formación Profesional - curso 2024/25BOLSAS ESTUDOS POST-OBRIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS Poden solicitar unha bolsa do Ministerio de Educación aquel alumnado do centro que teña pensado matricularse no curso 2024/2025 nalgún dos seguintes niveis: - Bacharelato. - Formación Profesional de Grado Básico. - Formación Profesional de Grado Medio. - Outros estudos post-obrigatorios.
Moi importante: Pedir a bolsa sempre dentro do PRAZO (do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024 ás 15:00h). Máis información: (enlace web Bolsas Educación). O Prazo para pedir a axuda de necesidade de apoio educativo para o curso 2024/2025 espérase que comeze en maio de 2024. Acreditación competencias dixitais alumnado 4ºESOA Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dita as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado. Así, o alumnado matriculado en 4º de ESO no presente curso que obteña o título de graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación. O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio. A proba será en formato online. Constará dunha batería de 60 preguntas (12 por área de competencia) a contestar nun tempo máximo de 90 minutos. Realizarase no mes de maio no centro educativo. Para superala deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario ademais obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas. O prazo de solicitude e inscrición nas probas específicas remata o 15 de marzo. A participación nas probas ten carácter voluntario. A certificación en competencias dixitais do alumnado terá unha validez de cinco anos. Solicitude inscrición (entregar en administración). Máis información competencias dixitais. Demo da proba de acreditación. Proceso de ADMISIÓN ordinario - Curso 2024/2025Para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo ou para aqueles alumnos/as que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles. O alumnado, procedente dos centros de primaria adscritos, con reserva de praza admitida NON terá que presentar solicitude de admisión. POSTOS ESCOLARES OFERTADOS 2024/20251º ESO à 32 postos + 12 postos aneae* 2º ESO à 3 postos 3º ESO à 9 postos 4º ESO à 22 postos * Reservadas para atender a escolarización de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. No caso de non adxudicarse a este alumnado, asignaríanse ao resto no procedemento de admisión ordinario, ou de ser o caso, na adxudicación subsidiaria. CALENDARIO ADMISIÓN 2024/2025Reserva de praza Do 15 xaneiro ao 5 de febreiro Listaxes de reserva 22 de febreiro Publicación de vacantes Antes do 1 de marzo Presentación de solicitudes de admisión Do 1 ao 20 de marzo Presentación de documentación xustificativa Do 21 de marzo ao 3 de abril Listaxes provisionais de admitidos e non admitidos 25 de abril Listaxes definitivas 15 de maio Formalización de matrícula Do 23 de xuño ao 7 de xullo
SOLICITUDE ADMISIÓN 2024/2025A consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado , que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación (premendo no menú da mesma en Solicitudes > Admisión > Crear), marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valore, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación. Lembramos, que o alumnado, procedente dos centros de primaria adscritos, con reserva de praza admitida NON terá que presentar solicitude de admisión. (Ver manual para as familias solicitude admisión) As familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante. RESERVA DE PRAZA - Curso 2024/2025O prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza para o alumnado que cambia de etapa educativa e desexa continuar estudos no centro de adscrición o curso 2023-2024 será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado (premendo no menú da mesma en Solicitudes > Reserva > Crear) e presentarase en sede electrónica ou, de xeito manual, no centro de orixe do alumnado: - Alumnado dos CEIPs María Pita e Ramón de la Sagra que cambia de 6º de EP a 1º de ESO pode reservar praza para o noso centro presentando a solicitude nos mesmos. - Alumnado do noso centro que cambia de 4º de ESO a 1º de Bacharelato poder reservar praza para o IES Monelos presentando a solicitude no noso centro. A publicación das listaxes de prazas asignadas mediante reserva de praza (ou se é necesario presentar solicitude de admisión no caso de non haber prazas suficientes) farase no taboleiro de anuncios dos centros de orixe e de destino antes do 23 de febreiro. O alumnado que continúa estudos no centro onde está matriculado ten garantida a súa permanencia nel e, polo tanto, non precisa dun novo procedemento de admisión (nin solicitude de reserva). En todos os casos, o alumnado de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato deberá formalizar a matrícula do 23 de xuño ao 7 de xullo. >> Mais información na propia aplicación de admisionalumnado (normativa relacionada, manual de uso da aplicación para as familias, modelos solicitudes, consulta de listaxes de admitidos). BOLSAS USA 2024-25Publicado o PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS USA 2024-25 no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO, que ten por obxecto posibilitar a estadía nos EEUU para cursar o equivalente a 1º de Bacharelato, ao alumnado que cumpra as seguintes condicións: - Estar en posesión do documento nacional de indentidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE). - Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no momento da solicitude, no Concello da Coruña. - Estar matriculado e cursando 4º de ESO, nun centro do Concello da Coruña, no presente curso 2023-24. - Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa. - Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés). O prazo de solicitude das bolsas permanecerá aberto desde o día 23 de outubro ata o 6 de novembro, ambos incluídos. Máis información (enlace) INICIO do curso 2023-2024O luns 11 de setembro comeza a actividade lectiva do curso escolar 2023/24. O horario será o habitual, de 8:45 a 14:15h. Funcionarán tamén con normalidade os servizos de TRANSPORTE e COMEDOR. Máis información sobre o inicio de curso, premendo nas ligazóns: - COMUNICACIÓN 1 curso 2023-24. - CALENDARIO ESCOLAR 2023-24 cos días lectivos, períodos non lectivos e datas de entrega e comunicación dos sucesivos informes de avaliación. - EXAMES TRIMESTRAIS DE PENDENTES. Datas reservadas polas tardes para facer exames presenciais no caso do alumnado que ten materias pendentes de cursos anteriores. - COMUNICACIÓN 2 curso 2023-24. - MANUAL AbalarMóbil para as familias. - INFORMACIÓN para as familias E-DIXGAL. - DÍPTICO SERVIZO INTEGRAL DE REPARACIÓN con cobertura total contra roturas accidentais. - Información COBERTURA e CONTRATACIÓN SIR (Servizo Integral de Reparación). - Enlace á páxina web na que se contrata o seguro COBERTURA SIR. SERVIZOS COMPLEMENTARIOS 2023-2024COMEDOR ESCOLAR O 11 de setembro comeza o servizo de comedor. Xestionado pola ANPA a través de empresa de catering.
TRANSPORTE ESCOLAR O 11 de setembro o horario do transporte é o habitual ao longo do curso. Ruta PONTE PASAXE – IES RAMÓN OTERO PEDRAYO (ED 150220) PONTE PASAXE à Avda. Pasaxe - Os Castros* - Avda. de Oza 164* - Avda. de Oza 124* à IES RAMÓN OTERO PEDRAYO. Ruta SANTA GEMA – IES RAMÓN OTERO PEDRAYO (ED 150221) SANTA GEMA à Alcampo - Fabrica de Armas – Avda. Montserrat/Eirís – Oncolóxico – Alto de Eirís* - Canteira de Eirís* à IES RAMÓN OTERO PEDRAYO. * Paradas a distancia inferior de dous kilómetros e superior a 1km: usuarios excepcionais sempre que haxa prazas vacantes e non precisen incorporación de acompañante. Serán solicitadas xunto coa matrícula. A utilización das mesmas decaerá se cambian as circunstancias que as xustifican ou se é preciso asignar as prazas a outro alumnado cun dereito preferente. No caso de que o número de solicitantes excepcionais excedan o número de prazas vacantes nos vehículos, terán prioridade o alumnado con discapacidade ou menores en idade sobre os maiores en idade cando sexa preciso. Durante os primeiros días de setembro, antes do comezo das clases publicarase no taboleiro de anuncios do centro aquel alumnado que solicitou ser usuario excepcional e non obtivo praza vacante no transporte escolar. Para manter a condición de usuario/a con dereito, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso 2023-2024. Para facer uso do transporte escolar do centro compre figurar na listaxe oficial de usuarios nunha ruta e parada concretas. De non figurar, non poderá facer uso do mesmo e deberá pedir a autorización á dirección do centro. - Solicitude para uso do transporte escolar pdf Fondo solidario e axudas para a adquisición de material escolar 2023-2024 / Publicación da listaxe de alumnado en Seccións Bilingües de 1º ESOOs próximos días publicaranse os seguintes anuncios sobre o fondo solidario de libros de texto e os vales de material:
Así mesmo, na mañá do 21 de xullo publicarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe de alumnado admitido e excluído das Seccións Bilingües (Ed. Física e Ed. Plástica) de 1º ESO. Ante calquera dúbida ou erro na listaxe poderán dirixirse ao Xefe de Estudos, Félix Longueira. * Horario de atención ao público en xullo de 9:30 a 13:30h.
|
Eventos |