IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
Educación FísicaAula virtual - curso 2023/2024
As actividades das distintas áreas e cursos do departamento de Educación Física poderán ser realizadas polos alumnos/as a través dos respectivos cursos na aula virtual do centro. A actividade educativa presencial é complementada cos contidos e recursos facilitados nos respectivos cursos da aula virtual. Debedes acceder a cada un do cursos co nome de usuario e contrasinal cos que vos rexistrastes na aula virtual do centro.
Profesores do departamento - Curso 2023/2024
Cristina María de Prada Creo - Xefa do departamento. - Imparte Educación Física en 1ºESO e proxecto competencial en 3ºESO e 4ºESO.
Pedro Luis Vázquez García - Imparte Educación Física en 2ºESO.
Juan Manuel Vázquez Vilaboa - Imparte Educación Física en 3ºESO e 4ºESO.
José Carlos Suárez Vázquez - Imparte Educación Física sección bilingüe 1ºB e 1ºC Presentación - curso 2023/2024A oferta educativa que se fai desde o departamento de Educación Física para o curso 2023 - 2024 abrangue ós catro cursos da ESO. O número de horas semanais e o carácter da materia por nivel son as seguintes:
1º e 2º ESO: EF, 3 horas semanais de carácter obrigatorio. // 1º ESO: EF, sección bilingüe inglés. 3 horas semanais para aqueles alumnos que así o elixiron na matrícula. Para este curso 2023-24, configuránse 2 grupos bilingües. incorporando un total de 28 alumnos/as.
3º e 4º ESO: EF, 2 horas semanais de carácter obrigatorio. 3º e 4º ESO : Proxecto competencial, 1 horas semanal de carácter optativo.
Educación Física (EF): A finalidade última da materia é educar as capacidades motrices dos alumnos. Isto supón desenvolver destrezas e xeitos instrumentais que melloren e aumenten as súas capacidades de movemento a través de habilidades xerais e específicas mediante actividades da mellora da condición física, xogos e actividades deportivas, actividades expresivas e no medio natural.
Educación Física sección bilingüe inglés (EF inglés): Afondamento e mellora da competencia do alumnado en lingua inglesa a través do seu uso cotián no desenvolvemento das clases de Educación Física incidindo na comunicación entre alumno/a-profesor, e alumno/a-alumno/a, así como a adquisición de vocabulario específico relacionado coa área como pode ser no relacionado coa saúde, o noso corpo e o seu movemento, o estado físico e as capacidades físicas e coordinativas, equipamento e indumentaria deportiva, regulamento e normas de xogos e deportes, habilidades técnicas e estratexias.
Proxecto competencial: Esta materia optativa en 3º e 4º enfócase desde o departamento de EF cara a prevención dos efectos negativos da inactividade física e da dieta desequilibrada, tratando de proporcionarlle ao alumnado unha serie de competencias que lle permitan, desde a práctica, adquirir e instaurar un estilo de vida saudable e que este se manteña no tempo. Encauzaremos estes obxectivos a través do xogo motor en 3º de ESO e o xogo tradicional en 4º de ESO.
|
Eventos
|