Benvida

Benvidos á web do IES Ramón Otero Pedrayo

 

IES Ramón Otero Pedrayo - 15005002

Horario lectivo do centro: 8:45 a 14:15h e 16:20 a 18:00h (tarde do martes). O alumnado pode acceder ao recinto escolar vinte minutos antes do inicio do horario lectivo. Período de recreo: 11:15-11:45h.  

Horario de administración: 8:30-14:00h.  

Contacto
IES Ramón Otero Pedrayo
Avda de Monelos 10A
15008 A Coruña
881 960 960
ies.otero.pedrayo.coruna@edu.xunta.gal

INCIO do curso 2024/25

mércores 11 de setembro comeza a actividade lectiva do curso escolar 2024/25. O horario será o habitual, de 8:45 a 14:15h. Funcionarán tamén con normalidade os servizos de TRANSPORTE e COMEDOR

Máis información sobre o inicio de curso, premendo nas ligazóns:

COMUNICACIÓN INICIO de curso 2024-25

CALENDARIO ESCOLAR 2024-25 cos días lectivos, períodos non lectivos e datas de entrega e comunicación dos sucesivos informes de avaliación.

COMUNICACIÓN REUNIÓNS coas familias curso 2024-25.

MANUAL AbalarMóbil para as familias.

INFORMACIÓN para as familias E-DIXGAL.

DÍPTICO SERVIZO INTEGRAL DE REPARACIÓN con cobertura total contra roturas accidentais.

- Información COBERTURA e CONTRATACIÓN SIR (Servizo Integral de Reparación).

- Enlace á páxina web na que se contrata o seguro COBERTURA SIR.

-  NORMAS DE USO ordenadores E-DIXGAL

BOLSAS municipais de comedor - curso 2024/2025

 

Bolsas comedor

Publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña o anuncio da proposta de resolución definitiva da convocatoria de bolsas comedor para o curso escolar 2024/2025.  Para renunciar ou aceptar de forma expresa á bolsa o prazo será entre o día 2 e o día 13 de setembro. De non facelo dentro dese prazo, entenderase que dita bolsa é tacitamente aceptada.

Pode consultar a proposta de resolución definitiva e a listaxe que a acompaña nos seguinte medios:,  

- Taboleiro de anuncios e edictos municipal no seguinte vínculo: (enlace)   

- Páxina web de servizos sociais: (enlace) 

- Teléfono de Atención Cidadá 010, no horario de 08.00 a 20.30 h, de luns a venres e de 09.00 a 14.00 h os sábados. 

As solicitudes están publicadas por orde do seu número de expediente.

Fondo solidario e axudas para a adquisición de material escolar 2024/2025 - Publicación da listaxe de alumnado en Seccións Bilingües de 1º ESO

Os próximos días publicaranse os seguintes anuncios sobre o fondo solidario de libros de texto e os vales de material:

  • Publicación, no taboleiro do centro, da relación provisional de solicitudes admitidas ou excluídas o 12 de xullo de 2024.*
  • Prazo de reclamación: 15 e 16 de xullo.*
  • Publicación, no taboleiro do centro, da relación definitiva de solicitudes admitidas ou excluídas o 24 de xullo de 2024.*
  • Entrega de vales das axudas para material aos solicitantes a partir do 2 de setembro.
  • Entrega de libros ao alumnado ao inicio do curso. 

Así mesmo, na mañá do 22 de xullo publicarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe de alumnado admitido e excluído das Seccións Bilingües (Ed. Física e Ed. Plástica) de 1º ESO.

* Horario de atención ao público do 15 ao 31 de xullo de 9:30 a 13:30h.

Arredor de Nós: a revista escolar do IES Otero Pedrayo

Xa está nos mellores quioscos Arredor de Nós, a revista escolar do IES Otero Pedrayo. O número 1 da revista, correspondente ao curso 2023/24, foi coordinado pola profesora Rosalía Ferreiro.

Cincuenta e sete páxinas a toda cor cheas de:

  • Incríbeis debuxos.
  • Magníficos microrrelatos.
  • Estupendos pasatempos.
  • Recomendacións literarias para as catro estacións.
  • Sisudas entrevistas a vellas glorias do centro.

E moitos outros artigos do máximo interese que poderán descubrir nas súas páxinas. Nada mellor para despedir o curso! (enlace á revista en pdf)

Servizos complementarios 2024/2025

COMEDOR ESCOLAR

11 de setembro comeza o servizo de comedor. 

Xestionado pola ANPA a través de empresa de catering. 

As inscricións de inicio de curso para darse de alta no mesmo pódense facer entre o 17 de xuño e o 31 de xullo, ambos incluídos, a través da plataforma online.

 (Máis información)  e  (inscrición)  

 

TRANSPORTE ESCOLAR

11 de setembro o horario do transporte é o habitual ao longo do curso.

Ruta PONTE PASAXE – IES RAMÓN OTERO PEDRAYO (ED 150220)

PONTE PASAXE à Avda. Pasaxe - Os Castros*  - Avda. de Oza 164* - Avda. de Oza 124* à  IES RAMÓN OTERO PEDRAYO.

(ver mapa ruta Ponte Pasaxe)

Ruta SANTA GEMA – IES RAMÓN OTERO PEDRAYO (ED 150221)

SANTA GEMA à  Alcampo - Fabrica de Armas – Avda. Montserrat/Eirís – Oncolóxico – Alto de Eirís* - Canteira de Eirís*  à IES RAMÓN OTERO PEDRAYO.

(ver mapa ruta Santa Gema) 

* Paradas a distancia inferior de dous kilómetros e superior a 1km: usuarios excepcionais sempre que haxa prazas vacantes e non precisen incorporación de acompañante. Serán solicitadas xunto coa matrícula. A utilización das mesmas decaerá se cambian as circunstancias que as xustifican ou se é preciso asignar as prazas a outro alumnado cun dereito preferenteNo caso de que o número de solicitantes excepcionais excedan o número de prazas vacantes nos vehículos, terán prioridade o alumnado con discapacidade ou menores en idade sobre os maiores en idade cando sexa preciso.

Durante os primeiros días de setembro, antes do comezo das clases publicarase no taboleiro de anuncios do centro aquel alumnado que solicitou ser usuario excepcional e non obtivo praza vacante no transporte escolar.

Para manter a condición de usuario/a con dereito, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso 2024-2025.

Para facer uso do transporte escolar do centro compre figurar na listaxe oficial de usuarios nunha ruta e parada concretas. De non figurar, non poderá facer uso do mesmo e deberá pedir a autorización á dirección do centro.

-  Solicitude para uso do transporte escolar pdf 

Libros de texto - curso 2024/2025

 

LIBROS DE TEXTO

No seguinte documento adxunto pode consultar a relación de libros de texto e outro material curricular para o curso 2024-2025 para cada un dos niveis educativos.

Os libros en préstamo do fondo solidario serán entregados ao alumnado entre o 11 e o 20 de setembro de 2024.

Libros de texto 2024-2025

Próximo remate prazo Fondo solidario libros e axudas material escolar 2024/2025

Lembramos  que o prazo para a solicitude do fondo de libros e axudas de material escolar para o curso 2024-2025 remata o 21 de xuño de 2024.

CONVOCATORIA de FONDO LIBROS e AXUDAS para MATERIAL para o curso 2024-25: Orde do 7 de maio de 2024

Solicitude do procedemento ED330B, dispoñible no portal educativo, na sede electrónica da Xunta de Galicia e nas oficinas do centro.

Manual do cidadán - presentación telemática (enlace)

Prazo de matrícula - curso 2024/2025

prazo de matrícula para o curso 2024/2025 abranguerá, segundo a normativa vixente, do 23 de xuño ao 7 de xulloSe unha vez finalizado o prazo de matrícula esta non se formalizase, terase por decaído no seu dereito á praza obtida.

Atención preferente nas datas seguintes en horario de 8:30 a 14:00h para a matrícula nos seguintes niveis:

1º ESO - 25 26 de xuño.

2º ESO - 3,4 e 5 de xullo.

3º ESO - 1 de xuño2 e 3 de xullo.

4º ESO - 27 e 28 de xuño. 

O alumnado do centro recibirá o sobre de matrícula coas notas o 26 de xuño. Para os alumnos/as de nova incorporación a secretaría do centro facilitaranlle os impresos necesarios para formalizar a matrícula. Tamén se pode descargar o formulario para a solicitude de matrícula dende esta páxina web, no menú de Secretaría, Impresos e formularios . Unha vez cumprimentado deberá ser entregado na secretaría do centro xunto co resto da documentación. Pódense descargar tamén outros formularios para solicitudes varias, transporte, taquillas...

INSTRUCCIÓNS DE MATRÍCULA 

Entrega de notas avaliación final

entrega de notas da avaliación final terá lugar o mércores 26 de de xuño nas respectivas aulas de cada grupo, no horario seguinte:

10.00 h – 1ºA, 2ºA, 3ºA, 4ºA

10.45 h – 1ºB, 2ºB, 3ºB, 4ºB

11.30 h – 1ºC, 2ºC, 3ºC, 4ºC

12.15 h – 2ºD, 2ºE, 3ºD, 3ºE e 4ºD 

Publicación de notas en abalar á 13:00h.

Farase entrega ademais dos consellos orientadores ao alumnado de 2º e 4º de ESO, así como a aqueles alumnos/as propostos para a Formación Profesional Básica e PDC (Programa de Diversificación Curricular). Entregarase igualmente certificación de estudos ao alumnado de 4º de ESO que titula. Ao resto do alumnado levará o sobre de matrícula cos impresos necesarios.

O prazo de reclamacións abranguerá os días 27 e 28 de xuño de 9:00 a 13:00h. O profesorado estará dispoñible para as posibles aclaracións sobre as cualificacións.

Distribuir contido