Taboleiro de novas

Probas de acceso a ciclos formativos 2020

Publicada a Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan as probas de acceso aos ciclos formativos para o ano 2020.

O prazo de inscripción para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio abrangue do 2 ao 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos, é necesario ter 17 anos ou facelos no ano natural.

Máis información no Departamento de Orientación e no portal FP Portal FP

Xornada de portas abertas

XORNADAS PORTAS ABERTAS

11-FEBREIRO-2020 

18.00-19.00

As familias interesadas en matricular aos seus fillos ou fillas en 1º curso da ESO no IES Ramón Otero Pedrayo para o vindeiro curso 2020-21, e/ou  desexen coñecer o centro, a súa organización, funcionamento e os servizos complementarios, poderán facelo nesta data e horario. Así mesmo, informaráselles do proceso de admisión e aclararáselles todas aquelas dúbidas que desexen formular ao respecto.

Oferta da materia optativa de Iguladade de Xénero

O IES Otero Pedrayo ofertará no curso 2019/20 a materia optativa de Igualdade de xénero para o alumnado de 2º da ESO (ademais das outras dúas materias optativas que xa viña ofertando: Oratoria e Promoción de estilos de vida saudable)

No curso 2017/18 o proxecto coeducativo Máis pola igualdade desenvolvido polo IES Otero Pedrayo foi premiado co III Premio Concepción Arenal de proxectos coeducativos convocado pola Deputación da Coruña. Desde entón o noso centro vén desenvolvendo distintas actividades relacionadas coa igualdade de xénero.

Como culminación deste traballo, a partir do curso 2019/20 o alumnado de ESO poderá cursar a materia optativa de Igualdade de xénero.

A materia conta con materiais educativos propios, elaborados por Maite Bouza e Félix Longueira. Deste xeito non será necesario adquirir libros de texto ou outros materiais para cursala. Estes materiais educativos poden consultarse na aula virtual da materia:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesoteropedrayocoruna/aulavirtual/course/view.php?id=280

Ademais dun breve repaso pola historia do movemento feminista, a materia aborda contidos de educación afectiva e sexual, os novos modelos masculinos ou a visibilización das mulleres nas disciplinas científicas. O currículo oficial da materia pode consultarse neste enderezo:

https://www.edu.xunta.gal/portal/guiadalomce/secundaria/materias/lca/ixen

A carga lectiva da materia é dunha sesión á semana.

Eleccións ao Consello Escolar 2018

Nos documentos adxuntos iranse incorporando as informacións referidas ás eleccións de representantes ao Consello Escolar:

  1. Constitución da Xunta Electoral.
  2. Calendario Electoral.
  3. Circular informativa I para o alumnado e para ás familias.
  4. Proclamación de candidatos e sorteo das mesas.
  5. Circular informativa II para o alumnado e para ás familias.
  6. Proclamación dos candidatos elexidos.

Extracto da LOMCE sobre Composición e funcións do Consello Escolar

 

Premio Concepción Arenal de proxectos educativos en igualdade de xénero no ano 2017 da Deputación da Coruña

Estamos de noraboa! O proxecto "Máis pola igualdade" foi recoñecido co Premio Concepción Arenal que convoca a Deputación da Coruña. Como sabedes, o proxecto foi desenvolvido polo profesorado e a Dirección do centro para traballar de maneira transversal a coeducación e a igualdade de xénero.

Os traballos do proxecto comezarán o 15 de xaneiro, con obradoiros de coeducación para o alumnado de 4º da ESO. Continuará até o mes de xuño con actividades como concertos, intervencións artísticas, obradoiros desenvolvidos polo alumnado de 4º da ESO a impartir ao alumnado de 2º da ESO, etc. Estas actividades chegarán até final de curso, cun concurso de relatos e un acto de peche no que se exporan os resultados a comunidade educativa.

Maite Bouza e Félix Longueira, coordinadores do proxecto premiado, e outros pofesorado do IES Otero Pedrayo de A Coruña recollen o Premio Concepción Arenal

Entrega de Premios  Concepción Arenal no acto que se desenvolveu no salón de plenos da Deputación de A Coruña e que estivo presidido pola deputada de Servizos Sociais, Educación e Igualdade, Ánxela Franco.

 

Lembrade que podedes seguir a actividade do programa nas redes sociais:

https://twitter.com/OPpolaigualdade

https://www.facebook.com/OteroPolaIgualdade-179820212602337/

https://www.instagram.com/oteromaispolaigualdade/?hl=es

 

 

Guía da Lomce

Guía da Lomce XUGA

 

 

 Acceda dende aquí aos currículos das novas materias que implantamos neste curso.

 

Contratación do servizo de cafetería

Publícanse, no documento adxunto, a folla de especificacións técnicas e as condicións para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería do centro mailos seus anexos.

 Prazo para a presentación de ofertas: do 1 ao 31 de xullo de 2015.

 Publicase a resolución da valoración das propostas presentadas e de adxudicación do servizo de cafetería.

Avaliación de diagnóstico

Informe dos resultados obtidos polo centro:

1. Resultados globais e desagregados en cada competencias:Informe 2014 Informe 2013 Informe 2012

2. Niveis de rendemento: Informe 2013 Informe 2012

3. Resume de resultados: Presentación 2013 Presentación 2012

Información adicional:

A orde do 6 de outubro de 2010  pola que se regula  o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico nos centros educativos da  Comunidade Autónoma de Galicia.

No Portal Educativo da Xunta de Galicia, ten ampla información sobre Avaliación de Diagnóstico en Galicia e os informes sobre os resultados obtidos en convocatorias anteriores.

Distribuir contido