Premio Concepción Arenal de proxectos educativos en igualdade de xénero no ano 2017 da Deputación da Coruña

Estamos de noraboa! O proxecto "Máis pola igualdade" foi recoñecido co Premio Concepción Arenal que convoca a Deputación da Coruña. Como sabedes, o proxecto foi desenvolvido polo profesorado e a Dirección do centro para traballar de maneira transversal a coeducación e a igualdade de xénero.

Os traballos do proxecto comezarán o 15 de xaneiro, con obradoiros de coeducación para o alumnado de 4º da ESO. Continuará até o mes de xuño con actividades como concertos, intervencións artísticas, obradoiros desenvolvidos polo alumnado de 4º da ESO a impartir ao alumnado de 2º da ESO, etc. Estas actividades chegarán até final de curso, cun concurso de relatos e un acto de peche no que se exporan os resultados a comunidade educativa.

Maite Bouza e Félix Longueira, coordinadores do proxecto premiado, e outros pofesorado do IES Otero Pedrayo de A Coruña recollen o Premio Concepción Arenal

Entrega de Premios  Concepción Arenal no acto que se desenvolveu no salón de plenos da Deputación de A Coruña e que estivo presidido pola deputada de Servizos Sociais, Educación e Igualdade, Ánxela Franco.

 

Lembrade que podedes seguir a actividade do programa nas redes sociais:

https://twitter.com/OPpolaigualdade

https://www.facebook.com/OteroPolaIgualdade-179820212602337/

https://www.instagram.com/oteromaispolaigualdade/?hl=es