Skip to Content

Escolares

25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

 

 

Educar en igualdade e contra a violencia machista é un dos principais obxectivos do IES Otero Pedrayo. Para iso, a través dos diferentes plans que desenvolve o centro, programa actividades pola igualdade ao longo de todo o curso.
Nesta ocasión, as actividades agrupáronse arredor da data do 25 de novembro, DÍA INTERNACIONAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS.
Comezámolas o propio día, 25N, coa colga da lona no balcón co lema escollido este ano: “No Otero, querémonos sen violencia”; a visibilización da data a través da pantalla da entrada do IES e varios paneis en ambos edificios (entrada e biblioteca); selección de bibliografía na biblioteca; lectura do manifesto e poemas contra a violencia; visualización de vídeo e música contra a violencia nos leceres.
A partir daí, as actividades sucedéronse ao longo dos demais días:

  • Martes (3º e 4º da ESO): Charla-obradoiro “Desmontando mitos, construíndo igualdade”, impartida por Antía Pousa, membro da cooperativa Xeracción.
  • Mércores (1º de BAC): Proxección da curtametraxe “Matria”, de Álvaro Gago, e posterior coloquio.
  • Xoves (2º da ESO): Elaboración de graffiti na muro exterior do patio “Pola igualdade e pola convivencia”, con David Segade Sotelo, integrante do grupo artístico Pouvelle.
  • Venres (1º da ESO): Visonado de curtametraxes e posterior coloquio. Actividade organizada polo Departamento de Orientación.

Tamén nas titorías de toda a semana se tratou o tema das violencias machistas e, ademais, o alumnado de 3º e 4º da ESO leu durante o tempo adicado ao proxecto lector Amor amargo, de J. A. Perozo.
Estas xornadas rematan aquí, pero non as actividades contra a violencia e pola igualdade, que se estenderán ao longo de todo o curso. No Otero, querémonos sen violencia.

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

 

ACTIVIDADES SEMANA DO 25 AO 29 DE NOVEMBRO

EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS

Este ano adherímonos á campaña "En negro contra as violencias", polo que pedimos que o luns, na medida do posible, viñeramos ao centro con roupa negra, en solidariedade con todas as vítimas do machismo

CONCURSO SOBREMESAS MAGOSTOS 2019

ACTIVIDADES SEMANA DO 18 AO 22 DE NOVEMBRO

MAGOSTO 2019/20

O venres, 8 de novembro, o IES Otero Pedrayo celebrou unha das festas populares ourensás por excelencia: O MAGOSTO. Xogos populares, música tradicional, castañas asadas e unha exquisita repostería presentada no II Concurso de sobremesas de outono

PLANS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA CURSO 2019/20

O IES Otero Pedrayo está de noraboa!

Por un lado, este curso volveremos contar no noso centro con cinco Plans de Innovación Educativa: 365 días de igualdade e conviviencia, Proxecto Terra, Proxecto Ríos, Proxecto Educativo de centro e Horto escolar.

OBRADOIRO DE SEGURIDADE VIARIA

OBRADOIRO DE SEGURIDADE VIARIA. FACTORES DE RISCO NA MOCIDADE: ALCOL E DROGAS.

CIENCIA E TECNOLOXÍA EN FEMININO

O alumnado de 2º da ESO participou esta semana na xornada organizada polo Parque Tecnolóxico de Galicia- Tecnópole “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”. 

O principal obxectivo é impulsar as vocacións científicas entre as rapazas, contribuíndo así a romper a fenda de xénero nos estudos de ciencia e tecnoloxía. No Otero Pedrayo queremos contribuír a un sistema de I+ D+ I máis igualitario, no que se poida desenvolver o talento á marxe do xénero.

O noso alumnado puido visitar, nesta xornada, a exposición “Mujeres que cambiaron el mundo”, asistir a unha ponencia coa mesma temática e participar en diferentes talleres: “Escape room: mundos químicos” e “Propostas de solución innovadoras e retos sociais”.

A actividade foi todo un éxito e os nosos rapaces e rapazas viñeron encantados e encantadas.

Se queres ver mais fotos relacionadas con esta actividade, accede ao noso banco de imaxes,fai clic aquí.

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE. 

 

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

 

 

Hoxe, venres 18 de outubro, o alumnado de 1º da ESO do Otero Pedrayo desprazouse ata Santiago de Compostela para visitar o Parlamento e a Xunta de Galicia. Coñecer as nosas institucións é fundamental para o impulso dos valores democráticos. 

Alí foron saudados polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o conselleiro de presidencia Alfonso Rueda. Tamén tiveron ocasión de coñecer a dous dos atletas galegos de maior proxección na actualidade: Ana  Peleteiro e Adrián Ben, que participan na campaña da Xunta a favor da igualdade e en contra da violencia machista. 

Foi, desde logo, unha visita ben, ben interesante!

Se queres ver mais fotos relacionadas con esta actividade, accede ao noso banco de imaxes,fai clic aquí.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut