Skip to Content

Taboleiro

Calendario fin de curso 2022-23

As datas de remate da actividade lectiva, entrega de notas e prazos de revisión de ESO e Bacharelato pódense consultar neste documento e o calendario de exames extraordinarios de (1º, 2º e Pendentes 1º) Bacharelato que terán lugar os días 19, 20 e 21 xuño atópase neste enlace.

Datas de entrega de notas - Curso 2022-23

Os boletíns de notas entregaranse nas datas indicadas e tamén se enviarán por ABALAR.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS DE IDADE

 
O irmanamento coa Cruz Vermella- Ourense está a derrubar calquera estereotipo negativo ou idea errónea asociada ás persoas maiores e ao envellecemento. Para mostra do potencial que teñen os nosos e as nosas maiores, o Tik Tok que lanzamos co gallo da celebración do seu Día Internacional.
Só agardamos que gocedes tanto véndoo como o fixeron gravándoo adolescentes e menos adolescentes. (ver vídeo)
Programa de éxito educativo INCLÚE.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

HORARIOS TITORÍA E CORREOS ELECTRÓNICOS DOS DOCENTES - 2022-23

HORARIOS GRUPOS (2022-2023)

GRADUACIÓN 4º ESO

 

Hai momentos vividos no Otero ben especiais! Un deles foi a graduación do alumnado de 4º ESO. A lembranza dos catro anos no centro estivo cargada de maxia, emotividade, risos e algunha que outra bágoa. Agora pecha etapa unha xeración que xa ten impresa unha pegada ben fonda no noso centro; unha xeración que sacou adiante todos os retos que se propuxo; unha xeración que ten por diante un futuro prometedor. Que orgullo de alumnado!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

GRADUACIÓN 2º BACH

Non hai acto que lle guste máis ao noso alumnado que o da tan ansiada graduación. E chegou! O xoves pasado, no Auditorio de Ourense, houbo música en directo, bailes, discursos, recoñecementos, bandas, diplomas... e, sobre todo, houbo moita emotividade, moita ilusión, moita alegría.
Que nesta nova etapa que o noso alumnado enceta, o vento lle sopre sempre ao seu favor. Nós quedamos co mellor de cada un. Esta foi, é e será sempre a súa casa.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Fin de curso: Datas relevantes

Datas de entrega de notas na ESO (3ª Avaliación + Final) e Bacharelato (convocatorias Ordinaria e Extraordinaria), último día lectivo e prazos de revisión e reclamación. 

Calendario de exames extraordinarios Bacharelato

Horarios de exames de Bacharelato e materias pendentes: 

Convocatoria extraordinaria de Xuño 2022

Distribuir contido


by Dr. Radut