Skip to Content

SEXISMO NA PRENSA

 

Despois do traballo coa prensa, desenvolvido nas aulas con alumnado de 2º e 3º ESO, o venres 17 de marzo tivemos no Otero Pedrayo un encontro coas periodistas Alba Chao Vázquez e Laura Vázquez Prieto. Ambas fan parte do colectivo Xornalistas Galegas, que tenta promover unha práctica xornalística afastada do sexismo. Con enormes doses de calma e didactismo, explicáronnos o que procuran desde a súa asociación: a necesidade de que os medios conten con asesoramento en perspectiva de xénero, a importancia dun tratamento especializado da violencia contra a muller, a reivindicación dunha maior cobertura xornalística en eidos como o deporte feminino,...
Agradecemos que nos lembraran a responsabilidade que os medios teñen na erradicación do sexismo, así como o papel activo do público, xa que como receptores temos a posibilidade de rexeitar un xeito de facer xornalismo e apoiar outro que sexa respectuoso. E na formación dun público concienciado coa igualdade, debemos estar nós: o IES Otero Pedrayo, comprometido cun ensino público de calidade.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.


story | by Dr. Radut