Saídas Didácticas

A SOIDADE DO CORREDOR DE FONDO. 2ª PELÍCULA NO CGAI

O 23 de febreiro o alumnado de 4º de ESO foi á súa segunda cita cinematográfica asistindo ao CGAI para ver a película A SOIDADE DO CORREDOR DE FONDO.

 

Tony Richardson. Reino Unido, 1962. 99 min.
Tom é un mozo de clase obreira que vive nun suburbio de Nottingham. A película relata os seus días nun reformatorio, onde está recluído despois de roubar nunha panadaría. O seu excepcional talento como atleta e a ambición do director do centro, que quere gañar por vez primeira a carreira que se celebra cada ano contra un importante colexio privado, valeranlle o privilexio de gozar dalgúns momentos de “liberdade”: Tom poderá saír a correr só polo bosque.
Nesta emblemática película do “Free Cinema” -o movemento británico de renovación do cine documental e de ficción paralelo á “Nouvelle Vague”-, Tony Richardson retrata a amargura e a enerxía, o rancor e a ousadía, a angustia e o orgullo, dun mozo que encontra na loita e na vinganza contra o sistema a súa forma de levar o peso dunha contorna familiar conflitiva e un pasado que o atormenta (e que o cineasta recolle cun uso intenso e ata frenético do flash-back).
 

TEATRO : LA CASA DE BERNARDA ALBA

O departamento de Lingua Española organizou para o día 2 de febreiro a asitencia  dos grupos de 4º de ESO á representación teatral da obra LA CASA DE BERNARDA ALBA. A obra, unha das máis significativas de Lorca, foi escrita no 1936 , ano da  morte do autor. A primeira vez que se representa é no ano 1946 en Bos Aires.

TEATRO : LA CASA DE BERNARDA ALBA

TEATRO: E TI QUEN VÉS SENDO?

 

Como complemento da programación de Lingua Galega, asistimos co grupo de 1º de Bacharelato á representación da obra dirixida por Cándido Pazó e interpretada  pola compañía Talía Teatro.

Fartámonos de rir. 

SINOPSE :Un fato de “persoas sen teito” vai representar unha versión do Anfitrión de Plauto nun festival organizado nun albergue de acollida. Por un desencontro coa dirección da institución asistencial deciden seguir os ensaios pola súa conta.Reunidos no lugar no que se acochan diariamente, o soto dun edificio en construción abandonado, o proceso da montaxe da célebre comedia plautina acaba derivando por insospeitados camiños.

21 DE XANEIRO. PATINAXE SOBRE XEO.

 

 

 O 21 de xaneiro a rapazada do Mosteirón tivo a sorte de poder ir patinar á pista de xeo do Coliseo da Coruña. A actividade foi organizada polo departamento de Educación Física. Contan que máis de dous caeron de cu.

TEATRO: AS AVENTURAS DE SHERLOCK HOLMS

  O alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu á sala  do IES Crucero Baleares de Culleredo , para ver a representación da obra de teatro escolar  “ Las aventuras de Sherlock Holms" .A actividade foi promovida polo departamento de Lingua Española que contactou con TRANSEDUCA.

Na obra a compañía teatral VEUS -VEUS fai unha adaptación libre da obra A coroa de Berilos, historia que forma parte de As Aventuras de Sherlock Holms, o personaxe de Conan Doyle.

 

OS CATROCENTOS GOLPES. 1ª PELÍCULA DO CEGAI

O alumnado de 4º asitiu o día 19 de xaneiro á proxección da 1ª das películas do ciclo de cine do CGAI .

Les quatre cents coups, François Truffaut. Francia, 1959. 94 min.
A primeira longametraxe de François Truffaut é sen dúbida un dos seus proxectos máis persoais. Narra a historia de Antoine Doinel, un mozo tras de quen se esconden moitos elementos autobiográficos do propio cineasta. Durante o filme acompañaremos a Antoine ao longo de innumerables peripecias, asistiremos aos seus intentos por lograr a felicidade (especialmente nos seus paseos polas rúas de París e nas súas escapadas ao cine xunto co seu amigo René) e ás sucesivas decepcións que terá que afrontar. Viviremos xunto a el innumerables emocións e sentimentos (a amizade, a tristeza, a decepción, a rabia...) que Truffaut transmite cunha intensidade excepcional baseada no uso expresivo dos parámetros esenciais da creación cinematográfica.
Los cuatrocientos golpes, ademais, é unha película que ocupa un lugar fundamental na historia do cine, pois data o inicio da "Nouvelle Vague", e con ela, do cine moderno. Unha obra de referencia para moitas xeracións de cineastas e cinéfilos, formados sentimentalmente tras os pasos de Antoine Doinel.

 

SAÍDA Á ESCOLA DE IMAXE E SON DE SOMESO

 

Nos últimos días lectivos de decembro, despois de rematar os exames,sempre duros  para os rapaces, houbo dúas saídas escolares relacionadas coa orientación laboral para o futuro. 

O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato interesado en estudos audiovisuais tivo a oportunidade de visitar a ESCOLA DE IMAXE E SON de SOMESO  para recibir información sobre os estudos que alí poderían realizar . Na actividade estiveron implicados o Departamento de Música e o de Orientación.

Tamén para o alumnado de 2º de Bacharelato, o Departamento de Matemáticas organizou unha visita ao Instituo Nacional de Estatística.

ASISTENCIA AO CICLO DE CINE NO CGAI

O alumnado de 4º de ESO  asistirá ao longo deste curso ao ciclo de cine para institutos titulado  Novas Emocións Novos espectáculos organizado polo Centro galego de artes da imaxe . A actividade é proposta conxuntamente polos departamentos de Plástica e Lingua Española que realizarán nas aulas actividades relacionadas coas películas visionadas. 

Pódense ler  as súas impresións e respostas sobre as películas no blog seguinte:

http://novosespectadorescgai.wordpress.com/

A programación consta de cinco títulos que se proxectarán de xaneiro a maio no seu formato e lingua orixinal (cine 35 mm, versión orixinal subtitulada en castelán). No contexto social actual as imaxes prodúcense e recíbense sobre todo como produtos de consumo, por iso é necesario e urxente poder acceder ao cine como arte. O obxectivo é aprender a ser espectadores capaces de analizar os procesos creativos e expresivos da arte cinematográfica e, sobre todo, aprender a gozar de xeito sensible co cine.O conxunto das cinco películas que configuran a programación ofrece a posibilidade de ver un tipo de cine habitualmente marxinado polas pantallas comerciais, e ao mesmo tempo, descubrir a amplitude e a riqueza do patrimonio cinematográfico. A través das cinco películas programadas poderase analizar de que forma se crean, expresan e intensifican as emocións no cine, a través das eleccións formais do cineasta.          

VISITA AO MUSEO CARLOS MASIDE DO CASTRO

O día 27 de novembro, visitamos o museo de arte contemporánea  Carlos Maside de Sada. A actividade, organizada polo Departamento de Lingua Galega, estivo dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO co obxectivo de complementar os contidos da programación referidos á obra de Castelao, a Xeración Nós e os artistas do exilio como Luís Seoane.

VISITA AO MUSEO CARLOS MASIDE DO CASTRO

RUTA DE SENDEIRISMO POR DONIÑOS

O día 19 de novembro, os Departamentos de Educación Física e Xeografía e Historia fixeron unha actividade interdisciplinar consistente na realización dun roteiro por Doniños.

RUTA DE SENDEIRISMO POR DONIÑOS
Distribuir contido