Saídas Didácticas

ÚLTIMA PELI NO CGAI: MILLION DOLLAR BABY

O día 4 de maio o alumnado de 4º de ESO asistiu  á última das películas do ciclo NOVAS MIRADAS no CGAI .Desta experiencia cinematográfica dan conta no Blog  http://novosespectadorescgai.wordpress.com/

 million dollar baby . Foto para enlace

Million Dollar Baby, Clint Eastwood, EEUU, 2004,  

Maggie e Frankie son dous solitarios. Maggie está a piques de cumprir 32 anos e traballa nun triste bar, onde come as sobras dos clientes para aforrar e poder cumprir o seu soño: converterse en boxeadora profesional. Frankie vive atormentado sen conseguir recuperar a relación coa súa filla, a quen hai anos que non ve e que se nega a ler as cartas que lle envía cada semana. Tras ver un combate, Maggie pídelle a Frankie que a adestre, pero este négase en rotundo: non pensa adestrar a unha moza. Non obstante, o tesón, a constancia e a ilusión dela, e sobre todo a mediación de Dupris, o único amigo de Frankie, farán que acabe aceptando. Nacerá entón unha intensa relación de complicidade, admiración e cariño. Pero o destino parece reservarlles un último golpe aos protagonistas                                               .
Coa súa mestría narrativa habitual, unha filmación sobria e delicada, respectuosa cos seus personaxes, e sobre todo cunha fotografía e un traballo de luz extraordinarios, Eastwood constrúe unha emocionante historia de compromiso, amizade e profundo afecto.
 

VISITA A UROVESA.

O 14 de abril os grupos de 4º de ESO e 1º Bacharelato  que cursan a materia de TECNOLOXÍA visitaron a fábrica de automóbiles de UROVESA.

UROVESA é unha compañía automobilística especializada na construción de  vehículos especiais de grande tonelaxe e capacidade . Está situada en Santiago de Compostela e desde 1984 é proveedora do exército español.

VISITA A UROVESA.

PARABÉNS A DESCOONTROL

O día 15 de abril o noso instituto participou no certame musical A MOCIDADE COA NOSA LINGUA  representado pola banda DESCOONTROL  . Con dúas pezas de creación propia ofrecéronnos unha actuación digna de verdadeiros profesionais.Grazas Diego, Brais, Pepe, Emilio e Juan por facernos pasar momentos tan emocionantes. PARABÉNS.

Non queremos deixar de felicitar tamén ao grupo de instrumentistas recentemente constituído no Centro coa axuda da profesora de música. Coa súa peza titulada MOSTEIRÓN , Quique,Samuel, Zeltia e Miguel fixeron unha interpretación deliciosa. Véselles madeira de triunfadores .

PARABÉNS A DESCOONTROL

O ROMÁNICO EN COMPOSTELA

 

Os alumnos/as de 2º de ESO,realizaron unha saída  consistente na visita a varios monumentos do románico en Santiago de Compostela . Esta actividade,organizada desde o departamento de Historia, tivo  lugar o día 14 de abril  durante os períodos lectivos da mañá.

 

PARANOID PARK : CINE DO BO

O 6 de abril o alumnado de 1º de Bacharelato e o de 2º coa optativa de Literatura Universal,asistiu ao CGAI á proxección da película Paranoid Park.

Pódense ler algunhas achegas do alumnado no seguinte enlace 

http://novosespectadorescgai.wordpress.com/

 

Paranoid Park, Gus Van Sant. Estados Unidos – Francia,2007. 85 min.
Gus Van Sant narra a historia de Alex, un mozo de quince anos afeccionado ao skate que, por un fatal accidente, mata a un vixilante de seguridade. Alex, incapaz de explicarllo a ninguén, encóntrase sumido nun estado que oscila entre a angustia e a sensación de irrealidade. Este terrible suceso atormentarao e transformará as relacións cos seus colegas e coa súa moza. A partir dese momento, nada terá sentido. Alex sentirase completamente só.

 

EXCURSIÓN DE 4º DE ESO A CATALUÑA.

O  alumnado de 4º de ESO estivo de excursión en Cataluña entre os días 5 e 11 de abril. Pasárono tan ben que non dan contado tanta aventura. Aquí vedes unha foto de todo o grupo coas profesoras acompañantes.

EXCURSIÓN DE 4º DE ESO A CATALUÑA.

VISITA Á AULA DO MAR

 

O día 22 de marzo , os departamentos de Ciencias Naturais e Lingua Galega organizaron unha saída interdisciplinar para o alumnado de 2º de ESO .Visitaron a Aula do Mar e fixeron un roteiro polo monumento natural da Costa Dexo- Serantes.  

A aula do Mar alberga no seu interior  unha exposición interpretativa permanente, distribuida en dúas salas e dous miradoiros acristalados, un laboratorio, espazos para a proxección de audiovisuais, ampla terraza e puntos de observación ornitolóxica.

VISITA Á AULA DO  MAR

DE NOVO CINE NO CGAI

 

A película que o 16 de marzo foron ver os grupos de 4º de ESO foi a titulada   L´ESQUIVE    de  Abdellatif Kechiche. Francia, 2004. 117 min. Para ver algúns traballos do noso alumnado consultade o blog : http://novosespectadorescgai.wordpress.com/

 

Na súa segunda longametraxe, Kechiche filma os axitados diálogos dos mozos, a súa vida cotiá, os seus malentendidos e esperanzas, o desconcerto de Krimo, a enerxía e a paixón da mocidade, con dúas cámaras DV tan rápidas e áxiles como os diálogos dos seus protagonistas. Planos moi curtos, moi próximos aos personaxes, tomados ao voo. Unha película enérxica, exultante de vida, e un retrato –afastado dos tópicos aos que a televisión e moitas películas nos teñen afeitos– dos mozos das periferias.

PARTICIPAMOS NO CERTAME A MOCIDADE COA NOSA LINGUA

 

 O noso centro participa na edición de 2010 do  festival  A MOCIDADE COA NOSA LINGUA . O certame acolle participantes da diversos institutos.Este ano xuntámonos grupos musicais do IES Manuel Murguía (Arteixo),IES Elviña (A Coruña)IES de Pastoriza (Arteixo), IES Mosteirón (Sada), IES AlfonsoX (Cambre)e o IES David Buján (Cambre)

 Nesta ocasión o noso instituto participa con dous grupos. Por unha parte un grupo de instrumentistas fantástico( Samuel,Miguel , Zeltia e Enrique) formado  este ano baixo a dirección da profesora de música . Interpretarán a peza composta por eles mesmos titulada MOSTEIRóN. Por outro lado está o grupo  DESCOONTROL, xa famoso na contorna, que o ano anterior acadou un honroso segundo lugar no mesmo certame.

 

 

A SOIDADE DO CORREDOR DE FONDO. 2ª PELÍCULA NO CGAI

O 23 de febreiro o alumnado de 4º de ESO foi á súa segunda cita cinematográfica asistindo ao CGAI para ver a película A SOIDADE DO CORREDOR DE FONDO.

 

Tony Richardson. Reino Unido, 1962. 99 min.
Tom é un mozo de clase obreira que vive nun suburbio de Nottingham. A película relata os seus días nun reformatorio, onde está recluído despois de roubar nunha panadaría. O seu excepcional talento como atleta e a ambición do director do centro, que quere gañar por vez primeira a carreira que se celebra cada ano contra un importante colexio privado, valeranlle o privilexio de gozar dalgúns momentos de “liberdade”: Tom poderá saír a correr só polo bosque.
Nesta emblemática película do “Free Cinema” -o movemento británico de renovación do cine documental e de ficción paralelo á “Nouvelle Vague”-, Tony Richardson retrata a amargura e a enerxía, o rancor e a ousadía, a angustia e o orgullo, dun mozo que encontra na loita e na vinganza contra o sistema a súa forma de levar o peso dunha contorna familiar conflitiva e un pasado que o atormenta (e que o cineasta recolle cun uso intenso e ata frenético do flash-back).
 

Distribuir contido