Saídas Didácticas

VISITA Á BIBLIOTECA RIALEDA

28/10/2013
Africa/Addis Ababa
 
 
O alumnado do primeiro ciclo de ESO visitou hoxe a Biblioteca Central Rialeda, en Perillo. Disfrutamos do edificio, por dentro e por fóra, coñecimos os seus catro andares, aprendimos un pouquiño sobre catalogación e achega de fondos e escoitamos un magnífico contacontos que nos deleitou cunha versión dun relato de Álvaro Cunqueiro. Unha visita moi recomendable. Grazas, bibliotecari@s!

ACTIVIDADES ANPA "VIRXE DO CARME"

CURSO 14-15
                              
   

          

VIAXE DE ESTUDOS

4º ESO

No curso 14-15 o alumnado de 4º de ESO contou coa axuda económica da ANPA "Virxe do Carmen" para financiar a viaxe de estudos do alumnado de 4º de ESO a Londres, realizada a finais do mes de marzo de 2015.

       
A ACTIVIDAD ANTERIOR FOI POSIBLE GRAZAS Á COLABORACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE SADA DENTRO DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS ÁS ANPAS DOS CENTROS EDUCATIVOS.
                                                                                                                                            
   

ACTUACIÓNS MUSICAIS E ENTREGA DE ORLAS

4º ESO

Na festa de fin de curso, celebrada o venres -- de xuño de 2015, a ANPA colaborou economicamente sufragando o importe das orlas do alumnado de 4º de ESO e na organización das actividades musicais realizadas.

       
 

AS MARXES DA DESGRAZA

 

 

 

Como actividade da Semana das Letras Galegas,  o alumnado de 4º de ESO  asistiu ao Laboratorio Teatral no Teatro Colón , dirixido polo dramaturgo Santiago Cortegoso. O espectáculo , formado por unha escolma de fragmentos da obra de Roberto Vidal Bolaño , leva por título  “As marxes da desgraza”  e nel escenifícanse as historias de individuos marxinais  que teñen en común as súas vidas desgrazadas . Son historias  sórdidas e decadentes coas que se pretende facernos reflexionar sobre a desigualdade e a inxustiza. A obra estivo  ambientada cun grupo musical   ( un piano, un clarinete, un saxofón e percusión) que proporciou a atmosfera necesaria para as historias interpretadas . 

ROTEIRO ROSALIANO 2013

Un curso máis o alumnado de 3º de ESO  realizou o  roteiro rosaliano; unha actividade xa instituída que o departamento de Lingua galega organiza cada ano con grande satisfacción. O percorrido complementa a programación da materia e  consiste na realización dun itinerario que segue parte da vida de Rosalía de Castro por terras de Santiago e de Padrón . Nesta ocasión iniciamos o camiño  casa-museo da Matanza en Padrón e rematamos en Santiago no Museo do pobo galego e no Panteón de galegos ilustres. Que ben o pasamos e  canto aprendemos!

ROTEIRO ROSALIANO 2013

LA CELESTINA

05/04/2013 16:56
Etc/GMT+1

 

Hoxe, os grupos de terceiro de ESO asistimos ao teatro Rosalía de Castro para ver a representación da obra La Celestina, de Fernando de Rojas, en versión e adaptación de Ricardo Iniesta.
A función presenta durante todo o espectáculo os actores en escena, encarnando os personaxes ou creando un ambiente escénico e sonoro. Destaca a riqueza dos coros que transportan o espectador ao submundo daquela época, pero que podería ser dos nosos días. A obsesión polos cartos e o egoísmo resultan tremendamente actuais. Neste texto, que non está escrito en verso, pero que contén tanto ritmo, danse cita tamén o humor, o erotismo e os conflitos de clases.

Saída ao teatro

00/00/
Array

 

 

Hoxe os grupos de 3º e 4º de ESO asisten ao Forum para ver a representación do "Decamerón",versionado polo director e actor galego Cándido Pazó e con base na obra do século XIV de Bocaccio.

        Nos tempos críticos e difíciles, o alivio do humor é máis necesario ca nunca por iso os contos do Decamerón están impregnados de ironía, humor, erotismo, crítica social e sentido gozoso da vida. En todos estes elementos,imprescindibles na comedia, é especialista  Cándido Pazó.

      Ademais   dun longo percorrido como dramaturgo, director e actor, Cándido Pazó é o fundador da compañía Abrapalabra  que representa os espectáculos que escribe, dirixe e  representa.Nos últimos quince anos, realizou preto de 2000 actuacións de narración oral, tanto en Galicia como en España, diversos países de Europa, África e América.

TEATRO PARA SEGUNDO CICLO

00/00/
Array

Grazas á organización do Departamento de Lingua castelá e Literatura, hoxe, por fin, estivemos en La Tuerka 27 co alumnado de segundo ciclo. Disfrutamos de  tres actores e de catro pezas (Piso 57, Cleopatra, Macareno Torquemada) moi distintas e con temas de triste actualidade: as consecuencias da crise, o acoso escolar, a violencia de xénero, os prexuízos pola orientación sexual... case todo en clave de comedia...

Continúa no blogue.

ROTEIRO OURENSÁN

 

O pasado 12 de abril o alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato realizou o que demos en chamar o "roteiro ourensán" percorrendo varios lugares con grande importancia literaria . O inicio do roteiro foi no mosteiro de Oseira de grande interese artístico e histórico, a seguir estivemos no Pazo de Trasalba, casa familiar do grande mestre Otero Pedrayo e á tarde tocoulle a Ourense, unha cidade fortemente literaturizada. 
 
         Moitos foron e son os autores que crearon ao redor da urbe das Burgas o seu espazo literario.No Rexurdimento do XIX, Curros Enriquez aparece ligado á cidade na que axiña adquirirá importancia Valentín Lamas Carvajal . O grande novelista da Xeración Nós, RAMÓN OTERO PEDRAYO, de vocación fidalga e rural, construirá parte da súa triloxía Os camiños da vida ao redor da transformación da cidade no tránsito entre a vella sociedade tradicional e o mundo contemporáneo que agroma ó tempo que dobra o século XX.VICENTE RISCO, o ideólogo da Xeración, en 1918 escribe unha noveliña na que, desde Ourense, se consegue resucitar a momia de Tutankamón, como é Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros. Outras voltas  sobre a cidade déixanse ver enO porco de péa novela máis coñecida deste escritor. Cuevillas,pola súa banda, deléitanos cos seus ensaios históricos e antropolóxicos de fonda feitura literaria recollidos nas  súas Prosas galegas, onde sobrancea como naceu a cidade de Ourense. Non estraña pois, que dada a cantidade de escritores e iniciativas que partiron destas terras se alcumase á cidade como “Atenas de Galicia”. Desde logo, serán varios os autores que contribúan a facer de Ourense a cidade con máis literatura urbana da Galicia actual:CARLOS CASARES, XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN, FERNÁNDEZ NAVAL... Entre eles, destaca de xeito moi sobranceiro, EDUARDO BLANCO AMOR. Este ourensán comprometido e polifacético -viaxeiro impenitente, tamén un magnífico fotógrafo- fixo que a cidade tomase vida en cinco das súas obras: A EsmorgaOs biosbardosXente ó lonxe, La Catedral y el niño, Los Miedos. 

       Na Esmorga,os espazos xeográficos que percorren os protagonistas -e nos que o Clube Alexandre Bóveda colocou as placas fragmentos das obras- son os mesmos que percorreu o alumnado durante a súa saída didáctica.

TEATRO: LA SOMBRA DE LEAR

00/00/
Array

 

LA SOMBRA DE LEAR




Un rei, Lear, vello e canso, decide repartir o seu reino entre as súas tres fillas, con todas as riquezas, autoridade, poder e obrigas que leva, mantendo para si mesmo só a coroa e o título de monarca. Con todo, as fillas traizóanlle, cada unha á súa maneira, e o rei vese só, enfermo e desprezado, enfrontado a un destino miserable que el mesmo puxo en marcha. Arrastrándose á morte, coñecerá a tolemia, a vergoña, a fidelidade, a alegría e o horror. 
Será un único actor o que poña en escena a súa versión de O rei Lear, de Shakespeare.Este único intérprete empéñase en contar a traxedia do soberano Lear, el só. Pero, seica é posible? O actor loita contra si mesmo, contra o seu medo a xulgarse, á crítica, ao fracaso, a resultar patético... 
Esta é a montaxe que "Ultramarinos de Lucas" ofrecerá o día 1 de marzo no Forum Metropolitano da Coruña e á que asistirá o alumnado do noso instituto. 

VISITA DOS ALUMNOS DE TERCEIRO DE ESO A JEALSA RIANXEIRA EN BOIRO

 

Os departamentos de Tecnoloxía e Economía organizaron unha visita a Rianxeira (Boiro) o pasado luns 14 de novembro.

Para percorrer as instalacións, tivemos que facer dous grupos para deste xeito ver e poder escoitar con máis precisión as explicacións das dúas traballadoras da fábrica: Mª Carmen e Eva que nos fixeron de guías. Con elas aprendimos moitas cousas do proceso productivo desde que se descarga o atún conxelado, procedente de augas do pacífico, ata o seu envasado por unha máquina que obtiña máis de 800 latas por minuto.

Grazas a todos polo voso interese, e ás guías pola súa amabilidade e os agasallos recibidos.

 

 


Distribuir contido