Fondos Libros Xunta

Entrega de Libros de texto e Vales de material para o curso 23-24.

05/09/2023 18:42
Europe/Madrid

 Entrega de Libros e de Vales de material o Xoves día 7 de setembro no horario que se indica a continuación: 

3º ESO

10:30-12:00 h    

4º ESO

12:00-13:30 h

1º ESO

16:30-18:00 h

2º ESO

18:00-19:30 h

Nota: - A recollida de libros de texto e de Vales de Material debe facela a/o representante legal que presentou a solicitude dos mesmos, ou  unha persoa maior de idade presentando unha autorización firmada. 

No caso de que algunha familia non poida pasar a recollelos no día e/ou hora marcada, poderá facelo o venres día 8 en horario de 10:00 h a 14:00 h ou ben o día do comezo das clases, luns 11 de setembro, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 15:30 h a 17:00 h. 

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS CURSO 2023/24.

21/07/2023 14:02
Europe/Madrid

Publicouse no taboleiro de anuncios do centro o listado definitivo de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo libros e o listado definitivo de persoas excluídas.

As persoas solicitantes tamén poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empleando a Chave365 ou o certificado dixital. 

Tanto os Libros como os Vales para material serán entregados en setembro e avisarase para a súa recollida. 

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS CURSO 2023/24.

11/07/2023 15:54
Europe/Madrid

A día de hoxe (martes 11 de xullo) publicouse  no taboleiro de anuncios do centro o listado provisional de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo libros e o listado provisional de persoas excluídas. 

As persoas solicitantes tamén poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empleando a Chave365 ou o certificado dixital. 

Lémbrase que as persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días hábiles seguintes á publicación deste listado provisional (neste caso o mércores día 12 e o xoves día 13 de xullo).

 

Datas de devolución dos libros de texto do Fondo Libros do curso 22-23.

15/06/2023 22:42
Europe/Madrid
19/06 luns            1º e 2º da ESO de 16:30h a 18:30h     
20/06 martes  3º e 4º da ESO de 10:30h a 12:30h

Nota: - A entrega de libros de texto debe facela a/o representante legal que presentou a solicitude dos mesmos, ou  unha persoa maior de idade presentando unha autorización firmada. 

Lémbrase que un beneficiario que non devolva os libros do curso 22/23 non poderá optar ao Fondo Libros do curso 23/24. 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024.

19/05/2023 14:45
Europe/Madrid

Prazo de presentación de solicitudes: Do 20 de maio de 2023 ao 21 de xuño de 2023 (incluído)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexo I e II), dispoñible na aplicación informática "fondo libros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Aquí pode consultar a Orde que regula o procedemento. 

Datas de devolución dos libros de texto de prestamo do curso 21-22.

15/06/2022 12:17
Europe/Madrid
  21/06  
      1º e 2º da ESO de 16:30h a 18:30h     
22/06  3º e 4º da ESO de 16:30h a 18:30h

Nota: - A entrega de libros de texto debe facela a/o representante legal que presentou a solicitude dos mesmos, ou persoa maior de idade autorizada.

 

Distribuir contido