Saídas Didácticas

RUTA OTERIANA

Ruta Oteriana


O 5 de abril de 2011 os alumnos e alumnas de 4º de ESO desenvolveron, conxuntamente co IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña, a Ruta Oteriana. O Mosteiro de Oseira, o Pazo de Trasalba e o percorrido literario polo casco vello de Ourense foron os lugares visitados.

RUTA ROSALIANA

Ruta Rosaliana


Participantes na "Ruta Rosaliana", desenvolvida 0 29 de marzo de 2011 polo Departamento de Lingua Galega e Literatura. O alumnado de terceiro de ESO visitou Santiago e Padrón.

VISITA AO CAMPOSANTO DE SAN AMARO

Camposanto San Amaro


Os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato visitaron o camposanto de San Amaro e a Casa Museo de Santiago Casares Quiroga na saída que realizaron á Crouña en novembro de 2010. 

SHAKESPEARE PARA IGNORANTES

 

O alumnado de Bacharalato asistiu o 7 de xaneiro ao FORUM  METROPOLITANO  á representación de Shakespeare para ignorantes, dirixida por Quico Cadaval e protagonizada polo dúo cómico Mofa&Befa.
Shakespeare para ignorantes é unha obra na que se mesturan todo tipo de personaxes shakesperianos. A montaxe comeza coa conferencia dun prestixioso profesor sobre a obra de Shakespeare. O profesor reclamará no escenario a presenza de dous actores desempregados, Mofa&Befa.que  irrompen na conferencia para poñer en primeiro plano as escenas máis ignoradas polo público.

   

PATINAXE 2010-2011

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO do IES Mosteirón participaron an actividade de patinaxe organizada polo Departamento de Educación Física para o curso 2010-2011. A actividade realizouse o  venres 4 de febreiro ás 12:00 no Coliseo da Coruña, participando en total 105 alumn@s. Acompañaron ao alumnado os seguintes profesores: Mariajo, José Manuel, Paloma e Paqui. Os rapaces gozaron da experiencia da patinaxe sobre xeo e a maioría estarían dispostos a participar de novo o curso que vén.

 
patinaxe no coliseo

 Alumno de 1º de ESO facendo un pequeno descanso

 
patinaxe no coliseo

 Un grupo de alumnos de 1º de ESO coa indumentaria de rigor.

VISITA DIDÁCTICA a ENCE e GALICIA DIXITAL

VISITA A ENCE E GALICIA DIXITAL

 

 O día 26 de outubro os alumnos de 4º de ESO, 1º e 2º de BACH, visitaron a empresa ENCE para coñecer o proceso de fabricación de pasta de papel. Rematada a visita dirixíronse a Santiago a comer nun Centro Comercial. Pola tarde participaron nas actividades desenvolvidas no Mosteiro de San Martiño Pinario, e que tiñan como finalidade o coñecemento e uso das TIC´s en entornos virtuais relacionados co Camiño de Santiago. Aproveitouse a ocasión para facer unha visita á catedral de Santiago. 

 ENCE-Bacharelato
ENCE-4º ESO

 Alumnado de Bacharelato en ENCE

 Alumnado de 4º de ESO en ENCE

   
 
 
Visita Galicia Dixital

        Alumnado na Praza do Obradoiro

 Alumnado en Galicia Dixital

 

 

EXCURSIÓN Á RIBEIRA SACRA

O alumnado de 3º de ESO estivo de excursión na RIBEIRA SACRA , concretamente no complexo rural RABACABALLOS

(Concello  de Parada en Ourense) . Alí fixeron sendeirismo, tiro con arco, piragüismo e outras actividades deportivas

das que viñeron ben cansos, pero moi contentos.

EXCURSIÓN Á RIBEIRA SACRA

SAÍDA Á CENTRAL TÉRMICA DAS PONTES .

O alumnado de 3º de ESO fixo o día 12 unha excursión Ás Pontes co obxecto de visitar a Central Térmica. Esta saída, organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Educación Física , completouse cun roteiro de sendeirismo pola Capela, onde  os rapaces visitaron o museo etnográfico .

 

A central térmica  de carbón situada no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), pertence á empresa eléctrica ENDESA. Orixinalmente deseñada para consumir exclusivamente o lignito local extraído da mina, a central foi adaptada entre os anos 1993 e 1996 para consumir unha mestura de lignito e carbón de importación en proporcións do 50%-50%.

Actualmente a central está sufrindo un proceso de adaptación ao maior poder calorífico da hulla debido ao fin da extracción do lignito na mina local. Atópase en fase de probas outra central térmica de ciclo combinado que usa o gas coma combustible e produce de 800 MW de potencia entre as súas tres turbinas: dúas de gas e unha de vapor. O vapor que utiliza esta última prodúcese aproveitando a calor dos gases de escape das turbinas de gas.

PRIMEIROS PREMIOS NO CERTAME LITERARIO LUÍSA VILLALTA

ÉXITO NO CERTAME LITERARIO "LUÍSA VILLALTA"

O IES Mosteirón está de noraboa. Non cabe máis orgullo que o que o día 14 nos fixeron sentir os alumnos Pablo Díaz de 1º Bacharelato e Tamara Paredes de 4º ESO B. No Certame Literario "Luísa Villalta" organizado polo IES Díaz Pardo, obtiveron os primeiros premios nas modalidades de narrativa( Pablo) e poesía ( Tamara) . O acto foi especialmente bonito e emotivo;  todo grazas á  participación  dun gran número de rapaces e rapazas  que nos fixeron sentirnos emocionad@s e content@s ao velos recitando poemas, interpretando pezas musicais ao violino e ao piano, bailando ,cantando ...

O certame foi a un tempo unha festa pola nosa lingua e unha lembranza para a poeta Luísa Villalta ; por iso  todo era emoción e moita , moitísima alegría. Por Pablo, por Tamara, polas súas familias, os seus compañeiros e por todos nós en definitiva, que nos sentimos de verdade felices de compartir o seu éxito. MOITÍSIMOS E MERECIDÍSIMOS PARABÉNS .

Se queredes ler os seus textos , non tedes máis que abrir os arquivos adxuntos.

TEATRO EN INGLÉS: DRÁCULA

  Os grupos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, asisten o día 7 de maio á representación teatral da obra DRÁCULA, no IES Cruceiro Baleares.          
 Imaxe de Drácula para enlace
 Por medio  dun texto integramente en inglés  a compañía Eina d´Escola, representa a historia de Jonathan Harker que viaxa a Transilvania para coñecer o conde Drácula.
Distribuir contido