Comisión de convivencia

 

COMISIÓN DE CONVIVENCIA DO CENTRO

A Comisión de convivecia ten as seguintes funcións:

  • A participación na dinamización do Plan de Convivencia do Centro e na mediación escolar.
  • A elaboración dun informe anual sobre a análise da convivencia e conflictividade no seu ámbito, así como sobre as iniciativas a nivel Centro. Este informe será trasladado ao Observatorio de Convivencia Escolar a nivel provincial.
  • Informar trimestralmente ao Consello Escolar.
  • Coordinar as actuacións conxuntas dos ámbitos implicados relacionados coa mellora do clima de convivencia.
  • Propoñerlle á Administración educativa todas aquelas medidas que se consideren oportunas para a mellora da convivencia escolar no Centro.
  • Aqueloutras que a propia Administración ou o Observatorio da Convivencia Escolar a nivel provincial lle poidan encomendar.