Articulos

Reparto de libros de texto

  • Libros de texto do centro: o reparto de libros de texto da ESO farase entre o xoves 16 e o venres 17. Organizarano os departamentos e farase dentro do horario lectivo.
  • Libros de texto da ANPA: o reparto de libros de texto da ESO e Bacharelato farase o luns 20 pola tarde, a partir das 16:30.

INFORMACIÓN COMEZO DE CURSO 2021-2022

NOTA: O alumnado de SMR tamén empeza o mércores 15

Libros de Texto Curso 2021/2022

A listaxe de libros de texto para o curso 2021-2022 atópase dispoñible no seguinte arquivo.

Fondolibros e axudas para material escolar 2021/22

Abriuse o prazo para a presentación de solicitudes para o fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar “Fondolibros”, que poderán realizarse ata o día 22 de xuño

Dado que o vindeiro curso o centro ampliará a participación no programa E-DIXGAL a todos os cursos da ESO, e que o alumnado recibirá un ordenador portátil, o noso centro está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto. Non obstante, o alumnado terá dereito á axuda para adquirir material escolar. 

A realización de solicitudes pode realizarse de forma electrónica, a través do seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

No caso de realizala de forma presencial, rogamos entreguen a documentación cuberta a ordenador.
Pregamos ás familias que, se é posible, se axusten ás seguintes datas para a entrega da documentación do fondo de libros, segundo o curso para o cal realicen a solicitude da axuda, co fin de evitar aglomeracións:

  • 1º ESO: 25 de maio. 1, 7 , 11 e 17 de xuño
  • 2º ESO: 26 de maio. 2, 8, 16 de xuño.
  • 3º ESO: 27 de maio. 3, 9, 15 de xuño.
  • 4º ESO: 28 de maio. 4, 10, 14 de xuño.

Plan de adaptación COVID

O plan de adaptación COVID atópase no seguinte enlace (Clic na imaxe)

  

 

Plan de continxencia

O plan de continxencia do centro atópase no seguinte enlace.

PLAN DE CONTINXENCIA DO IES MONTE DA VILA

Este Plan de Continxencia vese complementado polo "Plan de Continxencia ante peches de aulas ou centros educativos no contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021 (v. 2 nov 2020)

Plan de continxencia ante peches

Anexo ao Plan de Continxencia: Horario espello para o ensino a distancia

O horario espello respectará un mínimo de 30 minutos de presencialidade efectiva por sesión, estes 30 minutos comezarán a contar tras cinco minutos despois do comezo de cada sesión para respectar os aspectos recollidos na adaptación das NOF para o ensino virtual.

 

Calendario 2020-2021

Para ver o Calendario escolar coas datas de avaliación do presente curso 2020-2021, pulse no seguinte vínculo:

 Calendario escolar/avaliacións Curso 2020-2021 (PDF)

 width=

Listaxes provisionais de axudas de material e Fondo Libros curso 2020-2021

  • Están publicadas as listaxes provisionais de axudas de material e Fondo Libros para o curso 2020-2021.
  • Reclamacións ás listaxes: 8 e 9 de xullo.
  • Listaxes definitivas: ata o 14.09.2020.
  • As listaxes pódense consultar no taboleiro do centro en horario de 9 a 14 h.

Libros de Texto Curso 2020/2021

A listaxe de libros de texto para o curso 2020-2021 atópase dispoñible no seguinte arquivo.