Skip to Content

Convocatoria premios extraordinarios ESO

Está aberto o  período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 14 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes é do 31 de maio ata o 30 de xuño.

Achégase unha folla resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu ou desde a Sede electronica.

Máis información no seguinte enlace

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Está aberto o prazo para a solicitude do fondo de libros de texto para o curso 2023-2024, dende o 22 de maio ata o 21 de xuño, ambos incluidos.

Información ao DOG no seguinte enlace

 

Aviso alumnado 2º de Bacharelato

O vindeiro venres 12 de maio se entregarán os boletíns coas cualificacións xunto coas instruccións e a documentación para as ABAU.

A entrega dos boletíns será as 12:45 H, na aula correspondente.

Despóis haberá unha reunión co profesorado acompañante as probas a 13:10 H, no salón de actos.

INFORMACIÓN DE CAMBIO DE HORARIO DO CENTRO

A partir do vindeiro curso 2023-2024, o centro cambia o seu horario lectivo:

  • O horario de mañá pasa de 8:30 a 14:10, con dous recreos
  • A tarde será a do luns en horario de 16:30 a 18:10

 

Información bolsas NEAE 2023-2024

Aparece toda a información no enlace

Olimpiadas de química

O alumno do noso centro Samuel Sumay Míguez, que cursa 2º de Bacharelato de Ciencias, logrou a medalla de bronce na XXXVI Olimpiada Española de Química celebrada na Universidade de Valencia.

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023.

O pasado venres, 14 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311D).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

MERCADO DE LIBROS SOLIDARIO

Con motivo do Día do Libro e do Día das Letras Galegas celebraremos durante un mes un mercado de libros solidarios. Permanecerá aberto durante os recreos na entrada do centro. Alí poderedes coller un libro a cambio de:
- 1 kg/l de alimentos non perecedoiros.
- Latas de conservas.
- Produtos de hixiene ou limpeza.
Os recursos conseguidos doaranse ao banco de alimentos da Coruña.
Solidariedade e lectura fan boa xuntanza

 

 

PUBLICACIÓN DA "GUÍA TI ELIXES!" das XXIX Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional organizadas polo Concello da Coruña.

Con motivo da realización das XXIX Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional organizadas polo Concello da Coruña, desde os Espazos de Información Xuvenil publicamos a edición 2023 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade informar sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos, incluíndo ademáis un directorio de fontes de información sobre educación e emprego e un repertorio de bolsas e axudas convocadas nos últimos dous anos por entidades públicas e privadas.
 
Enviámosvos o enlace onde podedes descargala por se fora do voso interese: https://www.coruna.gal/informacionxuvenil/gl/suceso/guia-ti-elixes-2023/suceso/1453760962398

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO NO CURSO 2022-2023.

O día 3 de abril, publicouse no DOG a Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311A).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2023 e rematará o día 25 de maio de 2023.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A.

Distribuir contido


by Dr. Radut