Skip to Content

DATAS MATRÍCULA

Datas de formalización da matrícula para o curso 2024/2025:

  • 1º CURSO DA ESO: xoves 27 de xuño
  • 2º CURSO DA ESO E ALUMNADO REPETIDOR DE 1º ESO: luns 1 de xullo
  • 3º CURSO DA ESO: martes 2 de xullo
  • 4º CURSO DA ESO: mércores 3 de xullo
  • 1º E 2º DE BACHARELATO: xoves 4 de xullo

Horario de secretaría: 9:00 - 13:00h

INFORMACIÓN LIBROS FONDO SOLIDARIO

 

Datas para a devolución dos libros do FONDO SOLIDARIO:

- 1º ESO/2º ESO: mércores 26 de xuño de 10:30h a 13:00h

- 3º ESO/4º ESO: xoves 27 de xuño de 9:30h a 12:30h

O alumnado que teña en préstamo ordenador do centro, deberá devolvelo nas mesmas datas que os libros do fondo solidario.

A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario de libros de texto e das convocatorias de axudas. Igualmente no caso de que o estado no que son devoltos non permita a súa reutilización.

A publicación das  listaxes provisionais de admitidos no fondo solidario para o curso 2024-2025 será o 12 de xullo no taboleiro do centro.

A publicación das listaxes definitivas será o 26 de xullo no taboleiro do centro.

A recollida dos vales do fondo de libros será a partir do 2 de setembro na secretaría do centro, en horario de 10:00h a 13:00h.

 

 

Admisión FP curso 2024/25

No seguinte enlace están as instrucións xerais e calendario do proceso de admisión ás ensinanzas de formación profesional para o curso 2024/2025.

https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-curso-2024-2025

 

 

Fondo solidario de libros de texto

Aberto o prazo de solicitude de fondo de libros solidario: do 21/05/2024 ao 21/06/2024

No seguinte enlace está toda a información.

 

Aviso día non lectivo

Comunicamos que o vindeiro día 16 de maio é día non lectivo no IES Monte das Moas.

BOLSAS DE ESTUDO MEC CURSO 2024/2025

Preme no enlace para acceder á información

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

Según a resolución do 28 de febreiro de 2024 da direción Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24

  • O alumnado que está a cursar 4º da ESO e titule recibirá un certificado que acredita o nivel de iniciación. Poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.
  • O alumnado que está a cursar 2º de BACHARELATO poderá acreditar o nivel intermedio completo presentándose a unha proba específica.

Para participar nas probas específicas haberá que estar matriculado en 4º da ESO ou 2º de Bacharelato. O prazo para inscribirse será ata o 15 de marzo e deberán cumprimentar o anexo IV desta resolución e entregala na secretaría do centro.

Modelo de solicitude de inscrición nas probas específicas

 

Enlace a proba nivel intermedio 4ºESO

 

Admisión curso 2024/2025

RESERVA PRAZAS 1º ESO

  • Todas as solicitudes de reserva de praza de 1º ESO presentadas nos centros adscritos para o vindeiro curso foron admitidas. Este alumnado non terá que presentar solicitude de admisión, pero deberá formalizar a súa matrícula no centro según os prazos establecidos que se publicarán na páxina web do centro.

VACANTES PARA O CURSO 2024/2025

  • Non hai vacantes en ningún nivel educativo.

 

 PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 1 ao 20 de marzo de 2024

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS: 25 de abril

RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS: 5 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación das listaxes provisionais

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS: 15 de maio

PRAZO FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: do 23 de xuño ao 7 de xullo (publicaránse as datas na páxina web do centro)

NORMATIVA REGULADORA:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro

Orde do 21 de outubro de 2022

Distribuir contido


by Dr. Radut