Skip to Content
 

Horarios presentacións curso 2020-2021

Os horarios previstos para as presentacións serán os seguintes (aquí).

É importante que teñan en consideración as seguintes instrucións para que todo se desenvolva con normalidade:

- Rógase máxima puntualidade (non entrar ao recinto escolar nin antes nin despois da hora asignada) para que non haxa acumulación de persoas diante das entradas.


- Os alumnos agardarán na porta de entrada que  lle corresponda a que o titor os avise para subir  ás aulas e circularán  pola  dereita en corredores e  escaleiras. As entradas habilitadas son estas (aquí)


- Os alumnos entrarán  sós  ao recinto escolar e con mascarilla  non  permitíndose a entrada de pais  ou acompañantes.

- Ao entrar, os alumnos deberán botar xel hidroalcohólico nas mans nos  dispensadores que se atopan á súa disposición nas tres entradas.


-  As presentacións terán unha duración aproximada dunha hora.


- Os alumnos de 1º de ESO  farán un  percorrido polo centro para que coñezan as  instalacións do mesmo unha vez finalizada a presentación na aula.

Respecto ao horario deste curso:

As clases serán en horario de mañá de 08:30 a 14:10 e os martes pola tarde de 16:20 a 18:00 para todo o alumnado. Os alumnos da ESO terán dous recreos co horario habitual de 10:10 a 10:30 o primeiro, e de 12:10 a 12:30 o segundo. Os alumnos de Bacharelato terán un só recreo de 11:00 a 11:40. 

Para poder manter nas aulas a distancia de seguridade de 1,5 metros, van desdobrar a maioría dos grupos o que supoñerá unha ratio claramente inferior á habitual. O alumnado de primeiro de bacharelato terá unha modalidade semipresencial somentes naquelas materias onde a ratio supere os 20 alumnos. No resto, terán clases sempre de xeito presencial. 

No Plan de Acollida teñen máis información de como se vai organizar o curso (aquí)

 

Saúdos e grazas pola súa paciencia. 

Avisos ABAU 2021

Prevendo que en Galicia se darán as condicións para celebrar a proba de xeito presencial, a CIUGA ven de publicar o seguinte protocolo para o desenrolo das mesmas (aquí)

ABALAR MÓBIL PARA AS FAMILIAS

Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil desde calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

A descarga desta aplicación faise desde  Apple  store (se o sistema operativo é  IOS) ou desde Google Play  Store (se o sistema operativo é Android).

As familias que descarguen  abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

• Acceder aos datos persoais

• Consultar as cualificacións

• Consultar e xustificar as faltas de asistencia

• Consultar as faltas de  conduta

• Solicitar unha cita de titoría

• Consultar os datos do centro educativo

• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.

• Consultar as  incidencias creadas polo profesorado

• Modificar o idioma da aplicación

• Acceder á mensaxería de  abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que ten como  objectivo facilitar a comunicación entre o centro e  os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e leste.

 

A aplicación  abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. 

Guía para as familias aquí 

Criterios avaliación e calendario para convocatoria extraordinaria CIUGA

Xa tedes colgados na páxina da CIUGA os criterios de avaliación dos exámenes de ABAU.

(premer na imaxe)

Calendario convocatoria extrordinaria de setembro (aquí)

Aviso fondo libros de texto e axudas material escolar

O 7 de xullo publicaranse as listas provisionais das axudas para material escolar e do fondo de libros de texto no taboleiro de anuncios do Centro.

 

Libros de texto curso 2020-2021

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO

CURSO 2020-2021

(preme na imaxe)

Aclaración: o libro de texto de lingua galega de primeiro da ESO ten o seguinte ISBN: 978-84-9914-885-4

Corrección de erro no ISBN libro de Economía de primeiro de bacharelato: ISBN 978-84-4861-597-0

Información para matrícula ABAU 2020

  • Antes de matricularse en ABAU, deberedes de ter pagadas as tasas para a solicitude do título de bacharelato. Podedes descargar o impreso (iniciar taxa/descargar modelo) para ir a pagar ao banco.

Como cubrir o modelo

  • Para a matrícula ABAU, no seguinte enlace pódense consultar prazos, xeito de matrícula e tasas.

Ver

MONELOS RIVER REVIVAL

 A Universidade da Coruña impulsa o proxecto Monelos River Revival nunha parede fronte ao instituto Monelos, cuxos profesores e alumnos participan na iniciativa. Para iso, contan coas ideas e o traballo do taller de arte urbana Vella Escola.
         

ORIENTACIÓN ESCOLAR

OrientaLine

Programa informático dirixido ao alumnado. Atoparedes:

Varios cuestionarios de Orientación Escolar adaptados á idade e ao tipo de estudos.

Todos los títulos oficiales distribuidos en Familias Profesionales.

Consello de Orientación sobre estudos universitarios e de FP.

Cuestionarios orientadores sobre o voso futuro académico e profesional.

E moito máis.....

O blogue do EDLG do IES Monelos

Distribuir contido


by Dr. Radut