Punto Laranxa contra o acoso escolar

Curso 2019-2020

Curso 2019-2020

CICLO SUPERIOR DUAL XESTIÓN DE VENDAS E ESPACIOS COMERCIAIS

CICLO SUPERIOR DUAL XESTIÓN DE VENDAS

BO NADAL E FELIZ 2020!

Desde o IES Ramón Menéndez Pidal queremos desexarvos un Bo Nadal e un mellor 2020. Que a ilusión e a alegría que estes días nos invaden sexan as nosas compañeiras de rutinas e aventuras no novo ano que comeza. 

 

  

 

ROTEIRO EN BICICLETA

Nuns momentos nos que o futuro do clima se decide en Madrid, en Zalaeta estamos convencidos de que non hai variñas máxicas, senón que o cambio pasa por unha transición nos nosos hábitos para deste xeito camiñar cara a un mundo máis sostible. O Departamento de Educación Física propuxo esta actividade en bicicleta para así exercer a responsabilidade pola nosa saúde e o compromiso medioambiental. Máis información no blog "Movendo o cu!".

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Para retornar a ese “vello” costume das postais de Nadal (parece que xa é vello, sobre todo na escrita de postais e no aquel de carimbalas e de envialas por correo postal)

CONVÓCASE O CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Consulta as bases no documento adxunto e anímate a participar!

 

PREMIO DESAFÍO STEM DE IMPRESIÓN 3D

O proxecto "Planos para tocar", desenvolvido polo alumnado de 3º da ESO no curso 2018-19 dentro das actividades do Club de Ciencia Zalatecno e do Proxecto Deseño e Son (financiado pola Fundación Emalcsa) acadou esta semana o premio Desafío STEM de Impresión 3D. Podedes obter máis información sobre a actividade na web de Deseño e Son e na web do Club de Ciencia.

Os nosos parabéns por este máis que merecido premio!

 

ANTENA XUVENIL

Eles son Nacho, Catuxa e Jaro. Estudan 1° do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e constitúen a Antena Xuvenil de Zalaeta. A través do taboleiro situado na entrada do instituto, @zalaetainforma e a páxina de Facebook do mesmo nome divulgarán a información facilitada polo Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña e tamén do portal web xuventude.net. Concursos, bolsas, concertos e actividades...e moitos outros asuntos que serán do teu interese. Non perdas detalle! 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer