Resultado de imagen de logo fse en galego     

Curso 2019-2020

Curso 2019-2020

ACTIVIDADES A DESENVOLVER A PARTIR DO 16 DE MARZO

Neste apartado iranse actualizando as actividades programadas polo profesorado para este período de suspensión da formación presencial no instituto.

O profesorado que empregue de xeito habitual plataformas como a Aula Virtual, correo electrónico, Google Drive, etc. farao a través destes medios. Para o restante profesorado, actualizarase este apartado da web seguindo as instrucións que nos sexan facilitadas.


AULA VIRTUAL: documento para que o alumnado se dea de alta naqueles cursos creados de forma excepcional para estas semanas sen clase.

 


 

ORIENTACIÓN

XEOGRAFÍA E HISTORIA

  INGLÉS

 CIENCIAS NATURAIS

 LINGUA E LITERATURA GALEGA

 MÚSICA

 LINGUA E LITERATURA CASTELÁ

 MATEMÁTICAS

 ALEMÁN

 LATÍN

TECNOLOXÍA

FILOSOFÍA

  • Souto Rodríguez, J. Manuel (Valores Éticos 4ºA da ESO, Filosofía 1º A/B de BAC, Historia da Filosofía 2º B de BAC, Ética e Filosofía do Dereito e Psicoloxía 2º A/B de BAC)

 RELIXIÓN

EDLG

EDUCACIÓN PLÁSTICA

OBRADOIRO NA ONCE

O alumnado integrante do proxecto Deseño e Son realizou un obradoiro na ONCE no cal deseñaron obxectos de axuda e recibiron formación de persoas especialistas en discapacidades visuais. Toda a información das actividades desenvolvidas e a galería no blog de ZalaTecno.

FUNDACIÓN PRINCESA DE GIRONA - ÁGORA

O venres 28 de febreiro unha representación do alumnado de 4° de ESO do centro participou no reto proposto pola Fundación Princesa de Girona no Ágora. Durante máis de tres horas o noso alumnado propuxo e desenvolveu ideas para mellorar a vida das persoas maiores evitando situacións de soidade. Foi unha mañá de traballo intenso en equipo, mais tamén de diversión que contou coa presenza da raíña Letizia, do vicepresidente do goberno Pablo Iglesias, do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo e doutras autoridades.
 
 

ENTROIDO 2020

O venres 21 de febreiro celebramos o noso festival de Entroido. Organizado polo equipo de Biblioteca, e seguindo a temática do mar, desfrutamos do desfile das medusas, os buceadores, mariñeiros, piratas, e mesmo o lixo que se acumula nos nosos mares. Na seguinte ligazón podedes ver o vídeo resumo do que deu de si ese día.

ESCAPARATE: UN LIBRO PODE SER O QUE TI QUEIRAS QUE SEXA

Novo escaparate deseñado polo alumnado de 2º curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, no módulo de Escaparatismo.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer