Punto Laranxa contra o acoso escolar

Curso 2019-2020

Curso 2019-2020

ENTROIDO 2020

O venres 21 de febreiro celebramos o noso festival de Entroido. Organizado polo equipo de Biblioteca, e seguindo a temática do mar, desfrutamos do desfile das medusas, os buceadores, mariñeiros, piratas, e mesmo o lixo que se acumula nos nosos mares. Na seguinte ligazón podedes ver o vídeo resumo do que deu de si ese día.

ESCAPARATE: UN LIBRO PODE SER O QUE TI QUEIRAS QUE SEXA

Novo escaparate deseñado polo alumnado de 2º curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, no módulo de Escaparatismo.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O sábado 29 de febreiro ás 11.30h terá lugar unha xornada de portas abertas dirixida a alumnado que desexe matricularse en 1° de Bacharelato o próximo curso 2020/21. Coñece as nosas instalacións, a oferta educativa e todas as posibilidades formativas que che ofrece Zalaeta.

Pensando no futuro, pensando en ti

VISITA A MAKRO

Alumnado de primeiro curso do ciclo medio de Actividades Comerciais visitou as instalacións da empresa Makro.

BOLSAS EUROPA FP - ACOREUROPA IX

Publicada a convocatoria de 12 prazas do programa educativo Bolsas Europa FP - Proxecto Acoreuropa IX dirixidas a titulados/as de ciclos superiores de FP, para facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de diversos países europeos.

Máis información na ligazón.

VISITA DO LYCÉE JEAN MACÉ (RENNES)

Alumnado de Comercio Internacional acompañado dos 39 alumnos e alumnas do Lycée Jean Macé (Rennes). Marabillosa semana internacional no instituto.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer