Información do calendario das ABAU 2021/2022 no documento.
Prazo de presentación de solicitudes:
Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2023.
PRESENTACIÓN PRESENCIAL:
Lembramos unha das saídas en bici que realizou hai unhas semanas o alumnado de 1.º da ESO. Desprazouse cara ao paseo marítimo en dirección Riazor polo carril bici ata chegar ao Milenium, ascensor do monte de San Pedro e continuación ata o Portiño. Cada grupo segundo o seu nivel fixo entre 8,5 e10 km, aproximadamente. Noraboa!!! Sodes uns/unhas ciclistas estupendos!!
Celebramos este día das nosas letras con diversas actividades. Unha, xincana polo instituto para coñecer máis a Florencio Delgado Gurriarán, murais e traballos sobre o autor realizados por 1.° e 2.° da ESO, e expostos coa colaboración de 3.°B da ESO, e xogos sobre os libros que se leron este ano e sobre as persoas ás que se lles dedicou o Día das Letras Galegas. Ademais, contamos coas visitas de Estíbaliz Espinosa e de Laura Romero.
O alumnado de Xestión de Ventas, Actividades Comerciais e Comercio Internacional recibiu a visita de Federico Ceniza Gómez, da Xefatura Provincial de Tráfico de A Coruña, para darlles unha formación sobre educación víal e prevención de riscos. Esta actividade enmárcase dentro das previstas do Plan Proxecta de Mobilidade Sostible que se desenvolve no centro.
Despois da viaxe a Illa Reunión, o seguinte destino do noso proxecto Erasmus foi Portugal. Ana López e Maite Bellas, as profes á fronte desta expedición, resúmennos neste vídeo as mellores lembranzas dunha semana chea de vivencias e aprendizaxes.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer