Punto Laranxa contra o acoso escolar

Bolsas comedor

Bolsas comedor  

Hoxe 22 de xuño de 2023 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2023/2024. Pódense consultar en:

- Taboleiro de edictos   https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=18006

- Páxina web de servizos sociais https://www.coruna.gal/servizossociais/gl/detalle-contido/bolsas-comedor-publicacion-de-lista-de-requirimentos-de-correccion/suceso/1453839900042?argIdioma=gl 

A listaxe cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado e se referirá á acreditación do cumprimento de requisitos do apartado 6 e documentación do apartado 10 da convocatoria (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente SI terase por desistida a solicitude); así como da corrección da documentación xustificativa doutras circunstancias a  valorar distintas da situación económica da unidade familiar do apartado 11 (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente NON se terá por desistida a petición).

O prazo para a presentación da documentación requirida é do 23 de xuño ao 6 de xullo, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

Atentamente,

Bolsa Comedor

ENTREGA DE NOTAS

 

VIAXE A HAMBURGO

Hai uns días compartimos a viaxe a Hamburgo de alumnado de 1.º Bacharelato.

Hoxe son Andrea Vázquez e Leire Guevara as que nos transmiten as súas impresións desa viaxe.


 

A viaxe a Hamburgo foi unha gran experiencia. Polas mañás faciamos actividades organizadas polas profesoras, que nos mostraron os principais monumentos da cidade e nos contaron a súa historia. Tamén visitamos a preciosa cidade de Lübeck, onde os nosos compañeiros alemáns encargáronse de presentarnos e explicarnos algún monumento importante. Ademais de visitar lugares emblemáticos, durante a viaxe fixemos diversas actividades, como a tirolina de “Kletterwald”, na que nos tivemos que superar a nós mesmos e pasamos un gran día. As tardes pasabámolas desfrutando das actividades que nos organizaban os compañeiros alemáns: visitamos o mar Báltico, desfrutamos de tardes de piscina, ceando xuntos e xogando a xogos típicos. Algún día tamén percorrimos outros lugares do centro de Hamburgo. Tivemos moitos momentos divertidos e moi bonitos. Tanto as familias coma os compañeiros acolléronnos moi amablemente nas súas casas e alí coñecemos os seus estilos de vida, as comidas e algúns costumes diferentes aos nosos. Compartimos música, cultura e momentos inolvidables. Definitivamente repetiríamos a experiencia, e esperamos poder reunirnos de novo algunha vez no futuro.

OFERTA FP CURSO 2023/2024

SORTEO DO PATINETE

Hoxe por fin se realizou o sorteo do patinete entre as persoas que durante este curso se desprazaron ao centro empregando un VMP. Marco González, de 1.° da ESO D, resultou gañador do sorteo , e José Fernández, coordinador do proxecto, fixo entrega do premio.. Parabéns, Marco..desfrútao!! Parabéns, Marco..desfrútao!!
Poñemos así fin ao Plan Proxecta de Mobilidade Sotible para este curso.

MAKE IT OPEN

 

Varios Departamentos do IES Ramón Menéndez Pidal, en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses @mc2coruna , traballaron todo este curso no proyecto Make It Open, unha iniciativa financiada por la Comisión Europea que busca introducir a filosofía 'maker' nas aulas.
Traballouse o tópico "O son" transversalmente en distintas materias.
O proxecto presentouse na STEM Discovery Campaign 23, convocada por Scientix, e recibiu o premio na categoría "Influencers", que recolleu o 17 de xuño a profesora Elena Bascuas no Future Classroom Lab en Bruxelas, representando aos Museos Científicos Coruñeses e como froito da estreita colaboración entre ambos.
Agradecementos especiais aos alumnos de 2° de Bacharelato Ernesto Otero Martínez e Víctor García Gómez, que dedicaron xenerosamente as súas poucas horas libres para axudar a confeccionar un taller de Física do Son.
Infinitas grazas ao alumnado de 2° da ESO, que participaron activamente en dito taller e difundieron as ideas aprendidas nos colexios CEIP Curros Enríquez, CEIP Víctor López Seoane e o Día da Ciencia na Rúa.
E grazas a todo o profesorado e alumnado que, ademais do xa mencionado, participaron dun modo ou doutro no proxecto.
Sen todos vós non tería sido posible recibir un premio tan importante como o concedido por Scientix.
 

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer