MATRÍCULA CURSO 2021/2022

  • Deberá matricularse en xuño o alumnado que aprobara todo e tamén aquel que suspendera 1 ou 2 asignaturas.
  • O alumnado da ESO que aprobe todo en xuño deberá recoller o Consello Orientador.
  • Por razóns sanitarias e de aforo pregamos puntualidade  e repecto das distancias establecidas durante a estancia no instituto.
  • Uso obrigatorio de máscara.
  • Impresos para cada grupo dispoñibles na web, no apartado de Matrícula Curso 2021/2022.
  • Datas e horarios para cada nivel no documento adxunto.

 

 TODA A INFORMACIÓN COAS INSTRUCIÓNS E IMPRESOS PARA O PROCESO NO APARTADO SECRETARÍA - MATRÍCULA 2021/2022

2º PREMIO LETRAS GALEGAS EGAP

Queremos transmitir os nosos parabéns a Antón Cillero García polo segundo premio recibido no concurso das Letras Galegas organizado pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) co texto "A esperanza dunha lingua"

A ESPERANZA DUNHA LINGUA. Antón Cillero García

GRADUACIÓN BACHARELATO 2021

O venres 11 de xuño organizamos unha calorosa despedida para o noso alumnado de 2º de Bacharelato. Moita sorte, rapazada!! O futuro é voso!

LA VOZ DE GALICIA

VIDEO AGASALLO DO INSTITUTO

RAFTING

Enerxía e adrenalina no río Ulla!! O martes 1 de xuño o alumnado de 4° da ESO puido realizar esta actividade ao aire libre coa colaboración da empresa Arrepions. Está claro que as imaxes falan por si soas Sorriso O noso agradecemento tamén ao profesorado acompañante: Fran Soto e María José Bastón. Seguimos, co noso "Zalaeta Cara Adiante" por bandeira!

GALERÍA

CARTOGRAFÍA EMOCIONAL

 O alumnado de 2° da ESO tivo a oportunidade de participar nesta sala cartográfica que dá conta da cartografía emocional das persoas en situación de exclusión social na cidade da Coruña. Trátase dunha actividade de sensibilización co alumnado para traballar sobre a desigualdade e favorecer o coñecemento e empatía a través do que nos une no territorio e as emocións que compartimos con persoas das que só se coñecen estigmas. Esta actividade desenvolveuse grazas á colaboración conxunta de Arquitectura Sen Froenteiras e o grao de Educación Social da Universidade da Coruña.


 

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer