You are hereBoletín, Documentos, Organigrama, Perfil do idioma no centro
Boletín, Documentos, Organigrama, Perfil do idioma no centro
PROXECTO EU PRESUMO DE GALEGO PREMIADO
O pasado sábado, un grupo de profesorado do ENL do IES de Melide e vari@s alumn@s recolleron o Premio Mil Primaveras Máis, outorgado ao Proxecto EU PRESUMO DE GALEGO., desenvolvido ao longo dos ultimos cinco anos e que premia aqueles proxectos cuxo obxectivo e normalizar o uso da nosa lingua especialmente na mocidade. Grazas a tod@s @s que colaborades , curso tras curso, neste marabilloso proxecto....e a aquel@ s que aínda non o coñecedes.....non sabedes o que perdedes!!!!!
Mil grazas a tod@s...especialmente a eses seres extraordinarios que transitan os corredores do IES de Melide e que ano tras ano, entusiasmados, acollen as nosas propostas.
PREMIO MIL PRIMAVERAS PARA "EU PRESUMO DE GALEGO"
O xurado premiou o proxecto Eu presumo de galego (IES de Melide) na categoría de fomento do galego na infancia e/ou mocidade, por ofrecer un modelo de traballo de calidade para a detección de necesidades concretas en contextos galegofalantes, onde a reflexión sociolingüística e a promoción do galego entre a mocidade se insiren nun proxecto educativo transversal. Valorouse positivamente a súa flexibilidade e eficiencia, que o converten en modelo transferible tanto a contextos educativos galegofalantes como a castelanfalantes. A partir dunha actividade concreta como un concerto, o IES de Melide creou un proxecto transversal que inclúe accións relacionadas coas matemáticas, a tecnoloxía, o traballo coa madeira, a radio ou a edición de vídeo. Entregou o premio María Ortega, deputada provincial de Normalización Lingüística.
Diagnóstico da situación lingüística no IES Melide. Maio, 2019 (último estudo realizado ata o momento).
Cuestionario no que participou o alumnado de 1º ESO, 4º ESO, 2º BAC e 2º CM
Mención de honor no concurso en liña "LINGUA DE NAMORAR"
A alumma do IES de Melide Anabel López Blanco de 1º de bac. recibiu unha mención honorífica na súa participación no concurso organizado por política lingüística " O galego, Lingua de namorar ", en palabras dos organizadores "pola súa frescura e denotación pola identidade e lingua propias". Máis información na páxina oficial do concurso.
Noraboa Anabel
CONCERTO "PRESUME DE GALEGO"
O 27 de xaneiro, derradeiro venres do mes, celebramos, como xa é tradición, a 3ª edición do Concerto PRESUME DE GALEGO.
Neste día contamos con sesión doble: pola mañá, nas dúas últimas sesións, tivemos a oportunidade de escoitar a Bocixa, vocalista de Zenzar, e a Paco, guitarrista do mesmo grupo. Nunha amena sesión, e tamén animada, nos contaron as dificultades que se atopan á hora de facer rock en galego e seguir ao pé do canón despois de 25 anos.
Pola tarde, a sesión trasladouse ao pub Gatos, catedral do rock galego.Tivemos a oportunidade de escoitar en primeiro lugar a Nuada, grupo de Teixeiro que namorou literalmente coa súa música, en segundo lugar a Cuaarta Xusta, no que interveñen alumnos e exalumnos do IES que tiveron que facer varios bises ante un público entregadoe...finalmente, ao grupo de rock convidado: ZENZAR, rock comprometido e veterán que nos deu unhas clases do bo facer no esceario.
En definitiva...un ano máis o concerto de PRESUME DE GALEGO foi algo espectacular e o seu éxito anima ao Equipo de Normalización do IES de Melide a seguir organizándoo en cursos vindeiros
OLLOS DE AULA
Xa temos a nosa disposición o nº 20 desta revista que edita a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega.
ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Homenaxeado no día das LETRAS GALEGAS 2013