You are hereEducación Física, Física e Química, Linguas clásicas, Lingua Inglesa, Matemáticas, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Cultura Clásica, Educación Plástica, Filosofía, Lingua Galega, Lingua Española, Madeira, Música, Tecnoloxía, Relixión, Orientación, Lingua Francesa, Lingua Portuguesa, Latín, Grego, Economía, Xeografia e historia

Educación Física, Física e Química, Linguas clásicas, Lingua Inglesa, Matemáticas, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Cultura Clásica, Educación Plástica, Filosofía, Lingua Galega, Lingua Española, Madeira, Música, Tecnoloxía, Relixión, Orientación, Lingua Francesa, Lingua Portuguesa, Latín, Grego, Economía, Xeografia e historia


CLUBE DE GANCHILLO no Ies de Melide

Os recreos inclusivos buscan ofrecer actividades variadas e diferentes para que todo o alumnado poida participar segundo os seus intereses. O clube de ganchillo triunfa nalgúns tempos de lecer entre alumnos, alumnas e profesorado. Aquí deixamos unha mostra!

FINAL DO TORNEO DE XADREZ

O venres rematou o torneo de xadrez no Ies de Melide cunha final moi igualada! Durante dous meses o alumnado participou neste campionato para poñer a proba os seus coñecementos de estratexia. Pronto entregaremos os trofeos aos gañadores! 

Acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño

Publicación das instruccións para o acceso e admisión nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. 

- As probas específicas de acceso, tanto para o grado medio como para o superior, terán lugar o 3 de xullo.

- O prazo de inscrición para esas probas comprende ata o 22 de xuño. 

Para máis información consultar a resolución.

 

XORNADAS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

Durante dous días, o Ies de Melide contou coa colaboración de máis de 20 profesionais de ámbitos e áreas diferentes, que explicaron a súa experiencia e deron os seus consellos ao alumnado de 4º de ESO e 2º de bacharelato. 

Aprenderon dunha psicóloga, dunha veterinaria, dun enxeñeiro industrial e dunha enxeñeira química, dun mestrE, dun preparador físico, dunha filóloga, de profesores dos ciclos da familia de administración e finanzas, de informática e de agraria, dunha educadora social, etc. Foron unhas xornadas moi completas e repletas de información!

 

 

Segunda sesión de "Wellness: aprende a sentirte ben".

O alumnado de 2º de bacharelato tivo a segunda sesión do programa Wellness: aprende a sentirte ben, para afianzar o que aprenderon sobre as estratexias para controlar a ansiedade e a relaxación de mente e corpo. 

STOP ACCIDENTES no IES de MELIDE

No IES de Melide buscamos sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da condución segura e sostible, libre de sustancias e de riscos innecesarios. Para iso, contamos unha vez máis, coa colaboración de STOP ACCIDENTES.

Nesta ocasión, o alumnado de 4º de ESO tivo unha charla de sensibilización sobre as condutas de risco ao volante, e o alumnado de 1º e 3º de ESO, sobre o uso seguro da bicicleta na vía urbana e semiurbana. 

STOP ACCIDENTES | Asociación de Ayuda y Orientación a los Afectados por  Accidentes de Tráfico

 

MEMORIAS DUN EX NAZI

A semana pasada o Ies recibiu a David Saavedra, autor do libro "Memorias de un ex nazi", para falarnos da súa experiencia e para sensibilizar ao alumnado de 4º de ESO, 1º de Bacharelato e FP, sobre os perigos da radicalización do pensamento. 

CAMPAÑA DE VERÁN da Xunta de Galicia.

A xunta de Galicia publicou o programa de CAMPAMENTOS DE VERÁN para este ano 2023. Hai moitas e variadas opcións para desfrutar do tempo de lecer dunha forma saudable e no medio natural, facendo actividades como kaiak, windsurf, escalada, sendeirismo, tiro con arco, etc.

Para máis información pincha aquí ou aquí.

    Entrimo 3          Entrimo 2

                            BANNERWEB   

 

Bolsas EUROLINGUA venairlanda. Cursos de inglés en Irlanda.

Publicada a convocatoria para as bolsas para estudar inglés en Irlanda este verán 2023. 

As persoas interesadas teñen que ter nacido antes do 31 de decembro do 2008 e solicitalas antes do 19 de abril. 

Para conseguila, terase en conta a media do expediente académico (mínimo de 6) que valerá o 71% e os méritos, que son o 29%. Estes méritos consisten en:

- Proxecto, en inglés ou español coa temática " A importancia do inglés para viaxar"

- Test de motivación.

- Interese polo idioma, acreditado a través dunha carta de recomendación do profesorado de inglés. 

Para obter máis información, pincha aquí. 

DEIXA A TÚA PEGADA POLAS MULLERES DA TÚA VIDA

O alumnado do Ies de Melide conmemorou o 8 M a través de diferentes actividades ao longo do día. Aquí deixamos as creacións da materia de Plástica e o cartaz que fomos construíndo pouco a pouco entre todas: DEIXA A TÚA PEGADA POLAS MULLERES DA TÚA VIDA.

 

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido