You are hereActividades / Complementarias

Complementarias

o día da Paz

O Día da Paz no noso IES .

Nunha reunión da biblioteca quedouse en propoñer ós alumnos do centro o reto de confeccionar 666 grúas que se colgarían na entrada....QUÉ LOCURA!!!! pois aí as tedes , incluso máis . Noraboa a todos polo traballo, traballo en equipo.

Marga representou cos seus alumnos do Grupo de Teatro Teiroa "Diagnose e Tratamento". Como xa se fixera en outra ocasión, os alumnos percorreron todas as aulas do IES sorprendendo tanto ós profes coma ós alumnos.

O día anterior asistiron ós 3 coles de Melide onde fixeron as ledicias dos máis pequenos.

E esta semana comenza a semana o Amor. Un carteiro espera as cartas  dos nosos alumnos, cartas que entrarán a concurso . Un xurado formado por Susana Losada e Ana García xa ten preparados 4 premios para as mellores ...así que poñede a funcionar a vosa imaxinación e que viva o amor 

Día internacional contra a violencia de Xénero no IES

No IES Melide adicámoslle tempo ó Día CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO por ser un tema interesante e que nos preocupa.

Aproveitamos non só ese día senón outras xornadas para traballar de xeito interdisciplinar nas aulas rematando coa elaboración dun enorme mural feito polos alumnos de 1º e 2º ESO.

En 3º ESO aproveitando o tema da biblioteca os alumnos traballaron coas súas mans para dar forma e vida a obxectos con lemas alusivos a este día.

Obsequiáronnos con fermosos broches, debuxos, marcapáxinas, fundas de móbil…

En 4º ESO baixo o lema “ A muller da miña vida “ os alumnos editaron un vídeo do que todos puidemos disfrutar no recreo .

Os alumnos de 2º ESO e 1º BAC  de Marga Quintela  representaron polas aulas un Teatro mínimo ó longo das tres primeiras horas da mañá. Tratouse dunha representación curta pero contundente que gustou moito entre o alumnado ademáis de polo impactante , polo factor sorpresa, xa que os alumnos non sabían que ían ter esta actividade.

Na biblioteca do centro non faltou unha exposición de libros con esta temática.

E porque no IES non queremos que este tema quede no olvido a partires do mes de xaneiro ofreceremos ós nosos alumnos un total de 4 ou 5 obradoiros repartidos ata final de curso.

10 edición do DÍA DO PEÓN no IES de MELIDE

Moitos dos xogos tradicionais galegos son xogos estacionais, é dicir, xóganse nunha determinada época do ano e non noutra. Pero se algún deles ten o momento do seu protagonismo ao longo do ano perfectamente marcado, ese é o peón. 

O refraneiro recórdanos que polo San Martiño (11 novembro), peóns ao camiño; polo Santo André (30 novembro), trompos outra vez; polo San Amaro (15 xaneiro), peóns ao tellado; polo Santo Antón (17 xaneiro), peóns ao caixón; pola Santa Olalla (12 febreiro), peóns á borralla; e polas Pascuas, trompos ás ascuas…

Coa lectura dun pequeño manifestó comezará o acto no recreo do martes-11 no noso IES, no que coa colaboración da AGXPT (Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional) intentaremos batir un reto: 100 trompos bailando ó mesmo tempo. Haberá tamén concursos de habilidades coa buxaina e de decoración dos peóns.

A convocatoria da décima edición do Día do Peón, no que se espera que máis de 10.000 nenos e nenas galegas disfruten simultanemente desde xogo está realizada por Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional.

Estades invitad@s a participar.

FILME REALIZADO POLO NOSO ALUMNADO E PROFESORADO QUE PARTICIPOU NO MARCO DE EXPERIENCIAS CINE EN CURSO, UN PROGRAMA DA "BAO A QU" QUE EN GALICIA SE DESENVOLVE CO CGAI-CENTRO GALEGO DE ARTES DE IMAXE NO MARCO DO PLAN PROXECTA

Samaín 2014

UN ANO MÁIS CELEBRAMOS NO NOSO IES O SAMAÍN.

DUAS HORAS" TERRORÍFICAS" NAS QUE OS ALUMNOS PUIDERON ELEXIR ENTRE O VISIONADO DUNHA PELÍCULA DE TERROR OU PARTICIPAR NUNHA XINCANA.

TIVEMOS A SORTE DE CONTAR CUNHA ACTIVIDADE ORGANIZADA POLOS ALUMNOS DE 1º BAC DE ANTROPOLOXÍA, UN CONTALENDAS QUE FIXO AS LEDICIAS DOS ASISTENTES.

NON FALTARON NO PATIO AS CASTAÑAS, ASADAS Ó MÁIS PURO ESTILO TRADICIONAL.

ENTREGAMOS 3 PREMIOS MOI MERECIDOS:

1. PREMIO Á MELLOR CALABAZA.

2. PREMIO Á MELLOR PASTELERÍA DO TERROR.

3. PREMIO Ó MELLOR GRUPO( POR MAIOR PUNTUACIÓN E MENOR TEMPO) QUE PARTICIPOU NA XINCANA.

DENDE A DIRECCIÓN QUEREMOS AGRADECERVOS A TOD@S A VOSA IMPLICACIÓN E TRABALLO.

Parabéns ós gañadores!!!!!!!!!!!!!!!!

Vémonos o vindeiro ano con máis e mellores ideas.

EXPOSICIÓN DE DEBUXOS

Traballos do alumnado do IES de MELIDE na Sala de exposicións da Casa de Cultura de Melide. Aberto do 11 ó 26 de xuño.

O IES DE MELIDE RECIBE DOUS PREMIOS POLA SÚA PARTICIPACIÓN EN CLASES SEN FUME

O IES de MELIDE foi invitado a participar no acto de entrega de premios do concurso educativo para a prevención do tabaquismo Clases sen Fume, que organiza a Consellería de Sanidade, a través da súa dirección xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Nesta edición 2013-2014 participaron un total de 4.157 escolares, pertencentes a 182 aulas e 73 centros educativos. O principal obxectivo deste concurso educativo é evitar o inicio do consumo de tabaco nas mozas e mozos galegos, ou, cando menos, atrasar a idade dese inicio.

A clase de 2º ESO C recibiu o seu premio na categoría de actividade creativa e a profesora Amelia Andrés Casal foi premia por innovación educativa, sendo elixida para dar un discurso en representación do profesorado galego que participou no programa.

O acto de entrega de galardóns estivo presidido pola conselleira de Sanidade Rocío Mosquera e polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad.

BOSQUES NATURALES, COOPERATIVA "MILHULLOA" E EIRA DA XOANA

O alumnado de 3º de PDC fixo está presentación para mostrarnos en que consistiu á actividade.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido