You are hereActividades / Escolares

Escolares


Memoria Gráfica - Programa Deportivo de Centro

No IES de Melide estamos a traballar de maneira interdisciplinar para que coides a túa saúde. Farás cálculos, mellorarás o teu “vocabulary”, suarás a camiseta… Pero sobre todo, terás moitos motivos para facer unha vida saudable.

Enlace: http://www.iesaudemelide.es

 

Parcours "Gastronomie Francaise"

10 stands na entrada do IES de Melide a través dos cales poidemos coñecer a gastronomía, a cultura e a arte de Francia.

Cada un dos alumnos que tiña asignada unha rexión agasallounos con postres típicos, comidas rexionais e cócteles orixinais.

Moito traballo, un enorme esforzo e un ambiente incrible no recreo.

Grazas a todos por asistir e parabéns aos alumnos de 2º de ESO. 

Día internacional contra a violencia de Xénero no IES

No IES Melide adicámoslle tempo ó Día CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO por ser un tema interesante e que nos preocupa.

Aproveitamos non só ese día senón outras xornadas para traballar de xeito interdisciplinar nas aulas rematando coa elaboración dun enorme mural feito polos alumnos de 1º e 2º ESO.

En 3º ESO aproveitando o tema da biblioteca os alumnos traballaron coas súas mans para dar forma e vida a obxectos con lemas alusivos a este día.

Obsequiáronnos con fermosos broches, debuxos, marcapáxinas, fundas de móbil…

En 4º ESO baixo o lema “ A muller da miña vida “ os alumnos editaron un vídeo do que todos puidemos disfrutar no recreo .

Os alumnos de 2º ESO e 1º BAC  de Marga Quintela  representaron polas aulas un Teatro mínimo ó longo das tres primeiras horas da mañá. Tratouse dunha representación curta pero contundente que gustou moito entre o alumnado ademáis de polo impactante , polo factor sorpresa, xa que os alumnos non sabían que ían ter esta actividade.

Na biblioteca do centro non faltou unha exposición de libros con esta temática.

E porque no IES non queremos que este tema quede no olvido a partires do mes de xaneiro ofreceremos ós nosos alumnos un total de 4 ou 5 obradoiros repartidos ata final de curso.

ASÍ VIVIMOS A CARREIRA SOLIDARIA 2014 - SAVE THE CHILDREN

Unha carreira de sentimentos para percorrer entre todos os 2.800 quilómetros simbólicos que nos separan de MALÍ. www.iesaudemelide.es

XI CARREIRA SOLIDARIA "SAVE THE CHILDREN" POR MALÍ

O día 20 de novembro, -Día Internacional dos dereitos do Nen@-, faremos no pátio a 3ª hora para o alumnado de 1º e 2º de ESO a XI CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE. O resto do alumnado pode participar nalgunha das clases de educación física da semana do 17 ao 21 de novembro.

Máis información en: por el@s e por nos…, iesaudemelide.es cos máis desfavorecidos.

THINGS GO BETTER WITH BREAKFAST

Como colofón ao traballo realizado nas clases de educación física, inglés e matemáticas, o alumnado de 1º ESO e 2º ESO compartiu almorzo no pavillón de deportes do IES de MELIDE.

Baixo un formato que convidaba á lectura dun discurso persoal elaborado por cada quen para a ocasión, sobre as bondades dun almorzo saudable, o alumnado cargou de alimentos a súa mochila e participou ademáis nun concurso no que se xogaba, nin máis nin menos, o bocadillo do recreo.

Por grupos de clase contestaron a cinco preguntas formuladas en inglés sobre as consígnas básicas para elaborar un bo almorzo: variado, equilibrado, suficiente, seguro e agradable.

Deixámosvos unhas imaxes da actividade…

Visita o noso blog  www.iesaudemelide.es

CHARLAS SOBRE PRIMEIROS AUXILIOS

Nicolás González Casares,-enfermeiro do servizo de urxencias da UVI móbil de Pontevedra-, está a impartir no noso centro sesións de primeiros auxilios ó alumnado de 4º ESO, de 1º Bacharelato , de 1º e 2º do Ciclo de Madeira,  do PCPI-1 e  ó profesorado.

 

DÍA MUNDIAL DA RADIO

No Día Mundial da Radio a Emisora Falamelide súmase á convocatoria na que radios de todo o mundo reivindican o medio como unha vía de expresión libre, como unha chamada ao acceso á información e á promoción da igualdade entre individuos.

Falamelide radio (IES de MELIDE), EMISORA ESCOLAR PIONEIRA EN GALICIA creada en 1993, que poderá sintonizarse no 90.5 da FM levará a cabo un maratón radiofónico de 24 horas, desde as 00.00 ata as 24.00 do día 13, con programas actuais e cunha selección de programas históricos da emisora. Intercalaranse na emisión un total de 6-8 programas realizados en directo.

MANIFESTO DAS RADIOS ESCOLARES NO DÍA MUNDIAL DA RADIO


CONCURSO DE LOGOTIPO

Sebastián Varela Santana de 2º curso do Ciclo de Carpintaría e Moble gaña o concurso de logotipo “O coidado do planeta comeza aquí, no noso IES”.

O concurso buscaba un anagrama que simbolizase o noso compromiso polo consumo responsable e polo coidado da paixase co fin de concienciar sobre a importancia do seu valor natural, cultural, emocional e económico, como ferramenta para conseguir un territorio máis sustentable.

Charla sobre software libre

O alumnado que cursa informática en 4º de ESO recibiu o pasado mércores unha charla sobre o software libre impartida por Rafa Gaioso, presidente da asociación de sofware libre de Melide (MELISA). Este xa é o terceiro ano que se desenvolve esta actividade e preténdese continuala en cursos vindeiros xa que non todas as vilas (agás Melide) dispoñen dunha asociación deste tipo.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido