You are herecontent / ApROBADAS AS SOLICITUDES DO PLAN PROXECTA E CONTRATOS PROGRAMA

ApROBADAS AS SOLICITUDES DO PLAN PROXECTA E CONTRATOS PROGRAMA


 Os Contratos-Programa solicitados polo IES de Melide para a mellora das competencias clave en comunicación lingüística, matemática e en ciencia e tecnoloxía, así como as actuacións para mellorar a convivencia, a igualdade, a inclusión e a xestión das emocións, nun contexto como o presente curso marcado por unha situación excepcional, acaban de ser aprobadas pola Consellería de Educación. Tamén foron aprobados os contratos programa para mellora da xestión de centros e a promoción da actividade física en horario lectivo. Mediante estas actuacións a desenvolver ao longo deste curso esperamos dar unha mellor resposta educativa ás demandas do contexto actual.

 Solicitáronse dous Plans Proxecta: 'Aliméntate ben', para fomento de hábitos de vida e alimentación saudables, e 'Correspondentes xuvenís 3.0' para optimizar o rendemento e integración do alumnado de Ciclo básico de Madeira e Moble, e que foron concedidos recentemente.

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido