You are herecontent / CURTAMETRAXE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
CURTAMETRAXE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O alumnado de 2º de Bacharelato do IES de Melide participou o luns día 9 de novembro nun obradoiro de interpretación coa actriz Cristina Collazo, da compañía A Cova das Letras, para realizar unha curtametraxe en torno ao tema da violencia de xénero, con un texto de Rosalía de Castro datado no 1858, e que está considerado como un dos primeiros manifestos do feminismo. Esta obra audiovisual enmárcase nos actos de conmemoración do 25 de novembro e será difundido a través das redes sociais do Concello.