FacebookSíguenos en YouTube

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR BECAS DO MEC 2020-2021 PARA ESTUDANTES NON UNIVERSITARIOS

O Ministerio de Educación e Formación Profesional ten aberta a convocatoria de bolsas de axuda e becas MEC 2020-2021 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios non universitarios.

Os prazos para presentar a solicitude de becas xerais do Ministerio de Educación para estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2020-2021 rematan o 1 de outubro de 2020.

Os prazos para presentar a solicitude das becas xerais do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades educativas especiais para o curso académico 2020-2021 rematan o 30 de setembro de 2020.