O 23 de xaneiro celebrouse no Instituto unha xornada deportiva entre o alumnado da ESO do Centro e o do CPI de Zas.
Un ano máis repetimos a actividade a través do programa XOGADE, para fomentar o deporte en idade escolar, que por desgraza cada vez é máis minoritario na nosa Comarca, especialmente a nivel femenino.
Xogáronse partidos de varios deportes, entre outros, o baloncesto, o balonmán e o fútbol sala, coa axuda na organización do alumnado de 4º de ESO.
O resultado foi o de menos, destacando a deportividade mostrada pola maioría dos participantes durante toda a xornada.
Podes ver máis fotos no blog do proxecto de hábitos de vida saudable do noso Instituto: aosondasaude.wordpress.com