FacebookSíguenos en YouTube

Camiñando contra o maltrato no IES Maximino Romero de Lema

No IES Maximino Romero seguimos cos preparativos da Semana Cultural, que se celebrará durante a semana do 17 de maio. Dende o día 11 de maio e ata finais de mes contamos coa exposición Zoquiñas vermellassímbolo de reivindicación dunha sociedade máis igualitaria.

Este proxecto replica aquí, na Costa da Morte, a iniciativa dos Zapatos Vermellos da artista mexicana Elina Chauvet que naceu con 33 pares de calzado vermello, da cor do sangue en lembranza da súa irmá, vítima de maltrato, e de todas aquelas mulleres asasinadas e xa para sempre ausentes.

Tras expoñerse en México, Arxentina, Chile, Ecuador, Italia, Reino Unido... a idea de Chauvet chega adaptada a Galicia grazas á Asociación Oleira de Buño e a entidade Invisibles para continuar denunciando esta lacra social.

No noso centro apostamos por manter vivo o debate para conseguir unha sociedade na que o maltrato por ser muller non teña cabida. Por iso tamén contribuiremos coa venda de broches de zoquiñas vermellas cuxa recadación irá destinada a prestar axuda a vítimas da violencia de xénero.

AdxuntoTamaño
zoquiñas2.jpg419.25 KB