FacebookSíguenos en YouTube

Somos Makers e colaboramos coa nosa contorna!

Aproveitando a formación sobre Impresión 3D ao alumnado do 2º curso do Ciclo Básico de Informática de Oficina e co obxectivo de espertar o espírito maker no noso alumnado, imprimimos un parafuso para evitar que as lentes se embacen co uso da máscara de protección para o COVID-19.

O parafuso é un éxito, repartimos algúns entre o alumnado e profesorado. Foi un alumno do centro, Unay Domínguez, o que nos comentou que o centro onde traballa a súa nai,estaba moi interesado en ter algún parafuso para os seus traballadores.

Puxemos a impresora 3D a traballar e fixemos uns parafusos para entregar aos traballadores de Aurum, que pola foto os lucen moi ben!.

Encantados de colaborar coa nosa contorna!. Somos makers!.