Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
SecretaríaInformación académica importante para alumnos/as de Ciclos Grao Medio e Superior. Aspectos lexislativosAo comezo dun novo curso é importante recordar aspectos lexislativos relacionados tanto coa matrícula coma o proceso do curso en xeral.Por ese motivo no seguinte esquema-resumo podes consultar algunhas consideracións de interese para o alumnado de Formación Profesional. Todos elas son situacións contempladas na lexislación relacionadas coa matricula e coa marcha do curso académico.Nos taboleiros das aulas tendes á vosa diposición esta información e para calquer dúbida acudide aos vosos titores/as ou á Secretaría do Centro. Información Becas para estudios postobrigatoriosA Resolución do 2 de agosto de 2012 (BOE do 14 de agosto) ven de convocar becas e axudas ao estudo para o curso académico 2012-2013 para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios. Máis concretamente convócanse becas para os seguintes estudos: - 1º e 2º cursos de bacharelato - Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior - Ensinanzas artísiticas profesionais - Ensinanzas deportivas - Estudos de idiomas en Escolas Oficiais - Ensinanzas artísiticas superiores - Estudos relixiosos superiores - Estudos militares superiores Convócanse axudas para os seguintes estudos: - Cursos de preparación para as probas de acceso - Programas de Cualificación Profesiona Inicial Requisitos , cuantías, tipos de becas, procedemento de presentación e demais cuestións podes consultalo no resumo da Resolución antes mencionada. O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de outubro de 2012. Convocatoria de probas libres para obtención do título de graduado en Educación SecundariaCon data de 11 de maio de 2011 saiu publicada no DOGA a Resolución do 22 de abril pola que se ditan as instrucións para a realización das probas para obtención do título de Graduado de Educación Secundaria. Os prazos de inscripción serán desde o día 16 ao 27 de maio para a convocatoria de xuño e o 1 e o 2 de setembro para a convocatoria do mesmo mes. Os días fixados para a realización das probas serán o 14 de xuño e 9 de maio respectivamente.No arquivo adxunto pdes consultar máis información » Listado provisional de admitidos ás probas de acceso á Ciclos SuperioresPublicada a listaxe provisional de admitidos ás probas de acceso á Ciclos Superiores. Ábrese agora un período de reclamacións entre os días 10, 11, 14 e 15 deste mes de febreiro. O vindeiro 17 sairá publicada a listaxe definitiva. No enlace consultade a relación de inscritos no IES.Laxeiro. |
Novos números
|