OS NOSOS ERASMUS 2019

Continuando coa presentación dos alumnos do IES LAXEIRO que fan as súas prácticas no estranxeiro cunha bolsa ERASMUS, aquí temos a David Rodríguez Peña. David, estudante do CS de Mecatrónica Industrial está a facer o módulo de Formación en Centros de Traballo na empresa Dold Industrial Automation Ltd, en Malta.