Introdución á Aula Virtual do Centro

O martes día 28 de abril ás 16:00 horas terá lugar unha xornada de introdución ao funcionamento da Aula Virtual do Centro dirixida ao profesorado.

A razón de convocar esta xornada é mostrarlle ao profeorado tódalas posibilidades que ofrece a Aula Virtual como plataforma de organización do curso e de traballo durante o mesmo, así como animalos a que empecen a empregala de forma regular.

A sesión durará aproximadamente dúas horas e media e será case na súa totalidade práctica. Ensinarase, entre outras cousas,  como crear cursos, matricular alumnado, subir material (arquivos de texto e imaxes, vídeos, arquivos de son, etc.), poñer ligazóns a páxinas web, realizar actividades en liña, cuestionarios, actividades de avaliación, etc.