C.S Administración e finanzas

Ciclo formativo de grao superior

Duración: 2000 horas

  Que se aprende a facer?

Organizar e realizar a administración e xestión de persoal, das operacións económico-financeiras e da información e asesoramento a clientes ou usuarios, tanto do ámbito público como privado, segundo o tamaño e actividade da empresa e organismo e de acordo cos obxectivos marcados, as normas internas establecidas e a normativa vixente.

  En qué ámbitos se traballa?

Administración e finanzas, persoal e recursos humanos, comercialización e aprovisionamento.

  Que ocupacións se desempeñan?

Administrativo de oficina ou despacho profesional, administrativo comercial, administrativo de xestión e de persoal, contable, administrativo de banca e institucións financeiras, responsable de tesouraría, responsable de medios de pagamento, responsable de carteira, responsable de valores, responsable de estranxeiro, administrativo da Administración pública, técnico en xestión de cobros, auxiliar de auditoría, axente comercial de seguros e bancos e institucións financeiras. Xestores administrativos.

Módulos Horas
 Administración pública 90
 Aplicacións informáticas e operatoria de teclados 240
 Auditoría 75
 Contabilidade e fiscalidade 265
 Formación e orientación laboral 55
 Formación en centros de traballo 380
 Produtos e servizos financeiros e de seguros 90
 Proxecto empresarial 165
 Proxecto integrado 110
 Recursos humanos  130
 Xestión comercial e servizos de atención ao cliente  75
 Xestión de aprovisionamento  110
 Xestión financeira  160

  Que título se obtén?

Técnico superior en administración e finanzas

  A que outros estudos se pode aceder?

Diplomado en biblioteconomía e documentación; Diplomado en ciencias empresariais; Diplomado en educación social; Diplomado en estatística; Diplomado en relacións laborais; Diplomado en traballo social; Diplomado en turismo; Diplomado en xestión e administración pública; Enxeñeiro técnico en informática; Licenciado en administración e dirección de empresas; Licenciado en dereito; Licenciado en economía; Mestre, todas as especialidades.